martes, 28 de abril de 2009
Agencia AM-DROVA Vigo, o sábado ás 18:30 en Baio
Previa xornada 29
Vixesimo novena xornada da 1ª División masculina. No penúltimo encontro da temporada o Agencia AM recibe a visita do Drova Vigo, o sábado as 18:30 horas no municipal de Baio. Os colexiados encargados de dirixir o encontro serán os señores Xesús Pena Pérez e Cesar Baena Blanco.
Co decimo segundo posto da clasificación fora do seu alcance e a falta de dúas xornadas para rematar a liga o Agencia AM debe loitar por conservar a súa clasificación e mirar de reollo o que faga o Inelga na liga EBA para salvar, ambos conxuntos, as súas respectivas categorías. Como perseguidor do Baio a unha vitoria está o Peleteiro que dispón aínda dun partido máis correspondente a o aprazado no seu día fronte o Celtas de Foz e que xogarase este xoves.
Visita Baio un Vigo que está situada na zona tranquila da táboa e cos obxectivos cumpridos; o equipo de Marcos López realizou unha gran campaña, logrando situarse como a segunda mellor defensa da liga e presentando como referencias anotadoras o pivot Preciado, e os aleiros David Rodriguez e David Alvarez.
Os Baieses aínda gardan na memoria o mal sabor de boca que lles deixou a tripla anotada no último segundo por Nacho Silva en Vigo e que deu a vitoria por un punto os locais. Os homes do Agencia AM saíran coas pilas postas nun partido onde se xogan moito máis co seu rival. Para este encontro Jorge e Lee poderán contar con:
Bases: Diego Calvo.
Escoltas: Diego Brandón, Luis Villar e Alvaro Fernandez.
Aleros: Pablo Juane, Juan Carracedo e David Deber.
Pivots: Ariel Esmoris, Diego Alvarez, Daniel Montero e Carlos Rodríguez.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario