EB CONCELLO DE ZAS – MONTE MOAS BCA: 24 – 75 (1 – 20; 7 – 16; 4 – 12; 12– 27)
EB CONCELLO DE ZAS: Cristina, 0 ptos; Nerea, 2 ptos; María, 2 ptos; Elena, 0 ptos; Carlota, 10 ptos – quinteto inicial – Sandra, 4 ptos; Carla, 0 ptos; Nazaret, 6 ptos; Andrea, 0 ptos.
Tralo bo partido disputado a semana pasada ante As Torres María Pita o equipo de Baio novamente tivo un pésimo inicio de partido que permitiu o equipo de Monte Moas BCA marcharse no marcador.
A defensa presionante do equipo coruñés e malas seleccións de pase, sobre todo, favorecían o xogo de contraataque para o equipo visitante.
No terceiro cuarto, cun cambio de actitud nas xogadoras baiesas conseguiron que o equipo visitante conseguira a súa primeira canastra na mitade deste cuarto. Destacar neste cuarto o quinteto que estaba na pista, as tres infantis do equipo Elena, Carla e Andrea, xunto con Carlota e Sandra, facendo un meritorio traballo contra un equipo contrario mais alto.
No último cuarto a defensa perdiu un pouco de intensidade por parte dos dous equipos, prevalecendo os ataques sobre as defensas, dándose o marcador mais alto de todolos cuartos: 12-27
Próxima xornada: nº11 (13/14-02)
Santa Maria del Mar – EB Concello de Zas
No hay comentarios:
Publicar un comentario