sábado, 26 de septiembre de 2009

Importante reunión o venres 2 de outubro






O vindeiro venres, 2 de outubro, ás sete e media da tarde, terá lugar unha reunión no Auditorio Municipal de Baio para dar a coñecer o futuro das Escolas de Baloncesto Concello de Zas. Na reunión estarán presentes as directivas da Asociación Deportiva Su A Agra e do Club Baloncesto Baio.

Pese a desaparición do equipo senior, a idea de ambas directivas e manter os equipos de base aínda que con algúns cambios, sobre todo de carácter administrativo. Con este fin, para esta reunión están citados todolos pais dos xogadores que a pasada temporada estaban nos equipos do club, así como todolos socios de ambas directivas. Lembramos que o ano pasado había cincuenta nenos/as distribuidos nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete femenino.