lunes, 7 de junio de 2010

Derrota do equipo cadete en A Laracha

LARACHA SPORT PLANET–EB CONCELLO DE ZAS: 38 – 29 (14 – 8; 12 – 2; 10 – 4; 2 – 15)

EB CONCELLO DE ZAS: Cristina, 0 ptos; Sabrina, 0 ptos; María, 14 ptos; Nazaret, 9 ptos; Carlota, 6 ptos – quinteto inicial – Elena, 0 ptos; Andrea, 0 ptos.
Partido de rivalidade comarcal entre dous equipos que están a disputar, xunto con Gayolo Betanzos, os postos do 2º o 4º nesta liga.
Partido no que no primeiro cuarto rematou cunha pequena vantaxe a favor de Laracha. Pero no segundo e terceiro cuarto desapareceu o equipo de Zas, moi desacertadas no tiro e sobre todo no pase, conseguindo Laracha chegar o inicio do último cuarto cunha vantaxe de 22 puntos. A pesar do marcador, as rapazas de Zas sairon neste último cuarto a lograr un resultado mais favorable no caso de empate na clasificación final da liga. E demostraron que, cando queren poden, xa que case consiguen a sorpresa; tal e como estaba o marcador no inicio deste cuarto, con 22 puntos abaixo, e xogando da forma que o estaban facendo, parecía imposible que poideran acercarse no marcador; pero a partir dunha defensa forte comezaron a recortar puntos, conseguindo deixar en tan só dous puntos o equipo de Laracha, mentres que o desacerto no tiro en ataque non permitiu culminar a remontada. Finalmente a diferencia quedou en 9 puntos, pero ca sensación de que se puido chegar a algo mais. Serviu este último cuarto para facerlle ver as rapazas de Zas, que a partir dunha boa defensa pódense alcanzar metas que en principio pensas que non se poden alcanzar.

domingo, 6 de junio de 2010

Xornada de clausura para as escolas de baloncesto


Xornada de clausura para tres dos equipos das Escolas de Baloncesto Concello de Zas. Na xornada do venres participaron os equipos benxamín, alevín e infantil. Para a clausura viñeron os tres equipos do CB Artai.
Bo ambinete no pavillón de Baio e estes foron os resultados:

Benxamín: EB Concello de Zas, 33-CB Artai,30

Alevín: EB Concello de Zas,33-CB Artai, 62

Infantil: EB Concello de Zas, 24-CB Artai, 42

jueves, 3 de junio de 2010

Último partido como visitante para as xogadoras de Trillo

O equipo cadete femenino afronta o seu último partido fóra de Baio da temporada. As xogadoras de Trillo viaxan o domingo a Laracha para medirse ante o equipo de Jesús

Clasificación Jornada
Equipo P.J. P.G. P.P. P.F. P.C. PTO. R.
1 GAYOLO BEGACAR 6 4 2 250 235 10 +3
2 AS TORRES MARIA PITA 4 4 0 258 136 8 +4
3 ESCOLA BALONCESTO CONCELLO ZAS 5 3 2 147 175 8 -1
4 CONCELLO LARACHA SPORT PLANET 5 2 3 175 160 7 -3
5 C.B. CULLEREDO 6 0 6 145 269 6 -6

Próxima Jornada 9 06/06/2010
GAYOLO BEGACAR - AS TORRES MARIA PITA - 06/06/2010 17:00
CONCELLO LARACHA SPORT PLANET - ESCOLA BALONCESTO CONCELLO ZAS - 06/06/2010 12:00

miércoles, 2 de junio de 2010

Clausura das actividades

O vindeiro venres, día 4 de xuño, os equipos do CB Artai participarán nunha xornada deportiva no pavillón municipal de Baio. Será a clausura das actividades dos equipos de base do EB Concello de Zas.
O horario da xornada é o seguinte:

18:00-Partido benxamín: EB Concello de Zas-CB Artai na pista 1

18:00-Partido alevín: EB Concello de Zas-CB Artai, na pista 2

19:00-Partido infantil masculino: EB Concello de Zas-CB Artai