domingo, 19 de diciembre de 2010

Derrotas dos dous equipos do club


LIGA JUNIOR FEMENINA

BCA MONTE DAS MOAS - CONCELLO DE ZAS: 50 – 45
(12 –12; 18 – 18; 12 – 09; 08 – 06)
(Acumulado: 12 - 12; 30 - 30; 42 - 39; 50 – 45)

CONCELLO DE ZAS: Sara, 3 ptos; Carlota, 2 ptos; María, 5 ptos; Lucía, 0 ptos; Sabrina, 0 ptos – quinteto inicial – Nerea, 12 ptos; Elena, 4 ptos; Sandra, 8 ptos; Patricia: 11 ptos; Nazaret, 0 ptos.

Árbitros: Rodríguez e Sobrino: Ben. Nun partido con igualdade no marcador non se fixeron notar.

Partido no que o equipo de Baio conseguía superar con certa facilidade a defensa individual do equipo coruñés durante o encontro, o cal permitiulle estar no partido con opcións de levarse o encontro. As alternancias no marcador foron unha constante nos 3 primeiros cuartos (4 puntos arriba, como máxima diferencia a favor de calquera dos dous equipos) para no último cuarto poñerse por diante o equipo Monte das Moas e mantelo ata o final do encontro. Neste último cuarto o fallo no tiro das rapazas de Baio fixo que as opcións de victoria esfumaranse ante un rival da sua liga.
No aspecto ofensivo destacar a aportación tanto de Nerea como Patricia, ambalas duas por riba dos dez puntos, e que pouco a pouco todalas xogadoras aportan puntos ó equipo; neste partido sete das xogadoras de Baio conseguiron anotar no encontro.
PROXIMA XORNADA:
PARÓN NAVIDEÑO. ATA O FIN DE SEMANA DO 15-16/01/2011 NON VOLVE A COMPETICION.

LIGA INFANTIL MASCULINA-2ª DIVISIÓN

ICFEGAS PEREIRA CARBALLO BASKET 77-ESCOLA CONCELLO DE ZAS BAIO 20

Aplastante victoria del Carballo Basket sobre el Escola concello de Zas Baio.Desde el primer minuto conjunto carballes fue superior gracias a sus rapidas transiciones ofensivas y a su gran acierto en el aro que defendian los baieses.Un primer cuarto nefasto(19-4) fue un lastre para los chicos que entrena Pablo Moreira y del cual no pudieron sobreponerse.Al final un resultado muy abultado pero justa la victoria del Icfegas Pereira Carballo Basket.

Escola Baloncesto Concello de Zas:Dani(6),David(2),Alberto(8),Cristina(2),Dario(2).Tambien jugaron Javi,Lidia,Fabio y Brais.
Parciales:
1º-19-4
2º-33-12
3º-56-18
4º-71-20

lunes, 13 de diciembre de 2010

Derrota do equipo junior e victoria do equipo infantil

LIGA JUNIOR PROVINCIAL FEMENINA-XORNADA 4

SANTA MARIA DEL MAR - CONCELLO DE ZAS: 83 – 27 (21 – 2; 25 – 4; 14 – 11; 23 – 10) (Acumulado: 21 - 2; 46 - 6; 60 - 17; 83 – 27)
CONCELLO DE ZAS: Patricia, 9 ptos; Carlota, 2 ptos; María, 4 ptos; Nazaret, 0 ptos; Sabrina, 0 ptos – quinteto inicial – Nerea, 4 ptos; Elena, 0 ptos; Sandra, 8 ptos; Lucía: 0 ptos.
Árbitros: Tornos e Senra: Ben.
Derrota merecida para o equipo de Baio ante un dos equipos que deben estar loitando polas primeiras prazas desta liga, xunto con Carballo Basket.
O equipo de Baio ten un problema moi serio: entra no partido e comeza a xogar a partires do descanso dos partidos, olvidándose de xogar durante os dous primeiros cuartos, onde os equipos contrarios sacan vantaxe suficiente como para que na segunda mitade do encontro, con manter igualados os parciais teñen asegurada a victoria. Aconteceu novamente no encontro disputado este sábado pola maña na pista do colexio Sta. Mª del Mar. Un primer cuarto no que no seu inicio ningún dos equipos acertaban ca canastra do equipo contrario, pero a partir do minuto cinco o equipo de Coruña conseguiu aumentar o seu acerto no tiro e así se foron ata 21 puntos neste cuarto, mentres as rapazas de Baio non acertaban no seu ataque nin tampouco a parar o ataque das coruñesas. No segundo cuarto o equipo local mantivo o ritmo conseguindo un parcial de 25-4. O marcador no descanso daba una proxección do resultado o final do encontro de 90 puntos para o Sta. Mª del Mar e de tan só 12 puntos para Baio. Moi mal pintaban as cousas para as de Zas. Pero tralo descanso as rapazas de Baio despertaron e conseguiron acertar ca canastra contraria e que ao equipo de Coruña costaralles mais encestar, polo gran traballo feito na defensa neste cuarto. No último cuarto as de Baio seguiron loitando, pero tres minutos de despite na defensa permitiron o equipo de Sta. Mª del Mar facer un parcial de 23 – 10.
No aspecto ofensivo destacar a aportación tanto de Patricia como Sandra, e que cinco das xogadoras de Baio conseguiron anotar no encontro.
Seguir traballando e o que queda para conseguir mellores resultados en próximos encontros.
Previsión próxima xornada (5ª):
BCA Monte Moas - Concello de Zas
Día: 19/12/10


xornada 4 12/12/2010
COMPAÑIA DE MARIA - MONTE MOAS BCA -
CALASANCIAS - GASOLEOS RIAL CARBALLO BASKET 50-49
BCA CASTROS - CONCELLO LARACHA SPORT PLANET 42-29
SANTA MARIA DEL MAR - CONCELLO ZAS 83-27

Clasificación Xornada
Equipo P.J. P.G. P.P. P.F. P.C. PTO. R.
1 GASOLEOS RIAL CARBALLO BASKET 4 3 1 253 101 7 -1
2 SANTA MARIA DEL MAR 4 3 1 244 137 7 +3
3 CALASANCIAS 3 3 0 174 121 6 +3
4 COMPAÑIA DE MARIA 3 2 1 118 129 5 -1
5 BCA CASTROS 4 1 3 122 183 5 +1
6 CONCELLO ZAS 4 1 3 90 197 5 -1
7 MONTE MOAS BCA 3 1 2 127 160 4 -2
8 CONCELLO LARACHA SPORT PLANET 3 0 3 83 183 3 -3


LIGA PROVINCIAL INFANTIL MASCULINA-2ª DIVISIÓN GRUPO B-XORNADA 1

Club Baloncesto Baio-Zas 51-Hogar Santa Margarita 27
1º-12-0
2º-24-7
3º-39-23
4º-51-27

Anotacion:David Facal(18),Brais Garcia(12),Alberto Collazo(11),Cristina Sacedon(8),Lidia Fariña(2),Javier Santiago e Xian Garcia.

Xornada 1 12/12/2010
IES MONELOS-APA RAIOLA - MOAS ATLANTICO CORUÑA 0-2
IES MONTE MOAS - BCA VENTORRILLO -
FRANCISCANAS - LICEO LA PAZ ´B´ 32-24
FERROATLANTICA COSTA DA MORTE - ICFEGAS PEREIRA CARBALLO BASKET -
ESCOLA BALONCESTO CONCELLO ZAS - HOGAR SANTA MARGARITA 51-27

Clasificación xornada
Equipo P.J. P.G. P.P. P.F. P.C. PTO. R.
1 ESCOLA BALONCESTO CONCELLO ZAS 1 1 0 51 27 2 +1
2 FRANCISCANAS 1 1 0 32 24 2 +1
3 MOAS ATLANTICO CORUÑA 1 1 0 2 0 2 +1
4 IES MONELOS-APA RAIOLA 1 0 1 0 2 1 -1
5 LICEO LA PAZ ´B´ 1 0 1 24 32 1 -1
6 HOGAR SANTA MARGARITA 1 0 1 27 51 1 -1
7 BCA VENTORRILLO 0 0 0 0 0 0 0
8 IES MONTE MOAS 0 0 0 0 0 0 0
9 ICFEGAS PEREIRA CARBALLO BASKET 0 0 0 0 0 0 0
10 FERROATLANTICA COSTA DA MORTE 0 0 0 0 0 0 0

viernes, 10 de diciembre de 2010

Partidos para este fin de semana

JUNIOR FEMENINO

Santa María del Mar-EB Concello de Zas, o sábado 11 de decembro ás 12:30 no colexio de Santa María del Mar

Saida de Baio ás 10:45 en bus



INFANTIL MASCULINO-XORNADA 1

EB Concello de Zas-Hogar de Santa Margarita, o domingo día 12 ás 11:15 no pavillón de Elviña I da Coruña

Saida de Baio ás 09:45 en coches

martes, 30 de noviembre de 2010

Primeira victoria do equipo junior de Trillo de derrota dos infantiles de Pablo


CONCELLO DE ZAS – BCA CASTROS: 29 – 20

(1 – 3; 14 – 7; 6 – 6;8 – 4)

(Acumulado: 1 - 3; 15 - 10; 21 - 16; 29 – 20)

CONCELLO DE ZAS: Patricia, 1 ptos; Carlota, 10 ptos; María, 10 ptos; Nazaret, 3 ptos; Sabrina, 0 ptos – quinteto inicial – Nerea, 1 pto; Carla, 0 ptos; Elena, 0 ptos; Sandra, 4 ptos.

Árbitros: Os árbitros designados polo comité non acudiron a ningún dos dous encontros que tiñan que pitar o domingo pola maña, tanto en Cee, na categoría cadete feminina, como en Baio, na categoría junior feminina. Sí acudiron os partidos as dúas persoas designadas como mesa para ditos encontros.

Os arbitraxes, co acordo dos equipos visitantes, foron feitos por parte de membros dos dous equipos locais.

Primeira victoria para o equipo de Baio ante un equipo que vai ser da sua liga na presente tempada.

Partido cun marcador baixo debido o frío que facía na maña do domingo que orixinou gran cantidade de fallos no tiro de ambolos dous equipos.

Un primeiro cuarto no que, coma xa se indicou antes, notabase o frío porque ningún dos dous equipos foi quén de irse no marcador e o baixo acerto no tiro dou lugar a un parcial neste cuarto moi baixo, de 1 – 3.No segundo cuarto os marcadores dos dous equipos xa foron a unha anotación mais normal dun partido de baloncesto, e onde o equipo de casa foi capaz de poñerse por diante no marcador antes de chegar o descanso. Esta ventaxa superona manter no terceiro cuarto, cun parcial no que os dous equipos empataron a seis. No 4º cuarto as sensacións no ritmo do partido e marcador deron unha certa tranquilidade as rapazas de Baio para darse conta de que tiñan o triunfo a seu alcance facendo as cousas cun pouco de calma.

NON HAI XORNADA NA FIN DE SEMANA DA PONTE DA CONSTITUCIÓN. SALTASE A SEGUINTE FIN DE SEMANA

PRÓXIMA XORNADA: 12/12/10

SANTA MARÍA DEL MAR – CONCELLO DE ZAS


INFANTIL MASCULINO-PARTIDO AMISTOSO


EB Baio, 25-CB Artai B, 45

César (5), Andrés (8), Aítor (5), Sergio (5), Eirín, Antonio (4), Penedo (4), Jorge Vecino, Pablo (6), Diego Taibo (4) e Igor (2)


viernes, 26 de noviembre de 2010

Partidos para este fin de semana

  • PARTIDO INFANTIL MASCULINO-AMISTOSO

EB Baio-CB Artai B, domingo 28 ás 10:15 no pavillón municipal de Baio

  • PARTIDO JUNIOR FEMENINO-LIGA PROVINCIAL-XORNADA 3

EB Baio-BCA Os Castro, o domingo 28 ás 12:30 no pavillón municipal de baio

Derrota no derbi comarcal


GASOLEOS RIAL CARBALLO BASKET - CONCELLO DE ZAS: 68 – 15
(14 – 4; 13 – 0; 18 – 11; 23 – 0)
(Acumulado: 14 - 4; 27 - 4; 45 - 15; 68 – 15)

CONCELLO DE ZAS: Patricia, 0 ptos; Carlota, 5 ptos; María, 4 ptos; Sara, 0 ptos; Sabrina, 0 ptos – quinteto inicial – Nerea, 0 ptos; Andrea, 0 ptos; Elena, 2 ptos; Sandra, 4 ptos; Lucía: 0 ptos; Nazaret: 0 ptos.

Árbitros: Valera e Rial. Correctos.

1º partido de rivalidade comarcal e derrota merecida para o equipo de Baio ante un dos equipos que deben estar loitando polas primeiras prazas desta liga.
Moito a de millorar o xogo en ataque do equipo de Zas, xunto cun cambio na actitude durante os partidos: concentración dende o minuto 1 ata o 40 de partido. Mentres ese obxetivo non se logre as derrotas van caer do lado do equipo de Zas, e probablemente con marcadores como o deste día.
Pouco que contar dun partido no que no 2º e 4º cuarto o seu marcador quedou a cero. Por un momento, no 3º cuarto parecía que o equipo de Zas despertaba e comezaba a sumar en ataque (parcial neste 3º cuarto: 18-11) pero foi un espellismo do que se despertou no último cuarto.
Previsión Próxima xornada (3ª):
Concello de Zas - BCA Castros
Día: 28/11/10
Hora: 12:30 h
Pista: Pavillón municipal de Baio

domingo, 14 de noviembre de 2010

Derrota do equipo junior na primeira xornada de liga

CONCELLO DE ZAS – COMPAÑIA DE MARIA: 19 – 26 (6 – 2; 4 – 10; 3 – 6;

6 – 8) (Acumulado: 6 - 2; 10 - 12; 13 - 18; 19 – 26)

CONCELLO DE ZAS: Patricia, 0 ptos; Carlota, 4 ptos; María, 1 pto; Nazaret, 2 ptos; Sabrina, 0 ptos – quinteto inicial – Nerea, 6 ptos; Carla, 0 ptos; Elena, 4 ptos; Sandra, 2 ptos; Lucía: 0 ptos; Sara: 0 ptos.

Árbitros: Torres e Carretero. Non influiron no resultado.

Primeiro partido de liga nunha nova categoría para as rapazas de Baio, agora como juniors, e primeiro partido na casa na presente tempada.

Partido cun marcador baixo debido a gran cantidade de fallos no tiro de ambolos dous equipos.

Un primeiro cuarto no que o equipo de Zas conseguía poñerse por diante no marcador cun xogo fácil, a pesar de cometer moitos erros nas entradas a canastra, aproveitando tamén o desacerto do equipo visitante. Pero no segundo cuarto o desacerto foi maior por parte do equipo de casa, fallando nos pases o cal permitiulle o equipo de Compañía facer contraataques fáciles e chegar o descanso cunha vantaxe de dous puntos. No terceiro cuarto mais do mesmo, xogando moi aceleradas as rapazas de Baio, tendo mala selección de tiro e un último cuarto no que o xogo foi moi bronco, seguindo cos mesmos erros que nos cuartos anteriores.

Neste último cuarto destacar no aspecto negativo que foi expulsada do partido a xogadora local Sara por propinarlle un empuxón a unha xogadora contraria cando o balón estaba parado en resposta a unha provocación que non viron os árbitros. Esto non exime a xogadora de que fora merecida a sua expulsión.

Próxima xornada: 21/11/10

Gasóleos Rial Carballo Basket – Concello de Zas

jueves, 4 de noviembre de 2010

Comeza a actividade para os equipos de Baio

Posted by Picasa


HORARIO DE PARTIDOS E CONVOCATORIAS PARA O FIN DE SEMANA
• • PARTIDO AMISTOSO CADETE FEMENINO
CB Artai-EB Baio, sábado 6 de novembro ás 12:00 horas no pavillón do colexio Artai de Carballo
• • PARTIDO AMISTOSO INFANTIL MASCULINO
CB Artai B-EB BAIO, o sábado 6 de novembro ás 10:30 no pavillón do colexio Artai de Carballo

jueves, 14 de octubre de 2010

O venres reunión cos pais dos xogadores

Arranca a temporada 2010/2011 para os equipos das Escolas de Baloncesto de Baio. Mañán, venres día 15 de outubro, ás 21:00 horas, terá lugar no Auditorio Municipal de Baio a reunión da directiva do club cos pais dos xogadores,, así como de todolos xogadores que queiran particpar esta temporada nos distintos equipos que se formen

lunes, 7 de junio de 2010

Derrota do equipo cadete en A Laracha

LARACHA SPORT PLANET–EB CONCELLO DE ZAS: 38 – 29 (14 – 8; 12 – 2; 10 – 4; 2 – 15)

EB CONCELLO DE ZAS: Cristina, 0 ptos; Sabrina, 0 ptos; María, 14 ptos; Nazaret, 9 ptos; Carlota, 6 ptos – quinteto inicial – Elena, 0 ptos; Andrea, 0 ptos.
Partido de rivalidade comarcal entre dous equipos que están a disputar, xunto con Gayolo Betanzos, os postos do 2º o 4º nesta liga.
Partido no que no primeiro cuarto rematou cunha pequena vantaxe a favor de Laracha. Pero no segundo e terceiro cuarto desapareceu o equipo de Zas, moi desacertadas no tiro e sobre todo no pase, conseguindo Laracha chegar o inicio do último cuarto cunha vantaxe de 22 puntos. A pesar do marcador, as rapazas de Zas sairon neste último cuarto a lograr un resultado mais favorable no caso de empate na clasificación final da liga. E demostraron que, cando queren poden, xa que case consiguen a sorpresa; tal e como estaba o marcador no inicio deste cuarto, con 22 puntos abaixo, e xogando da forma que o estaban facendo, parecía imposible que poideran acercarse no marcador; pero a partir dunha defensa forte comezaron a recortar puntos, conseguindo deixar en tan só dous puntos o equipo de Laracha, mentres que o desacerto no tiro en ataque non permitiu culminar a remontada. Finalmente a diferencia quedou en 9 puntos, pero ca sensación de que se puido chegar a algo mais. Serviu este último cuarto para facerlle ver as rapazas de Zas, que a partir dunha boa defensa pódense alcanzar metas que en principio pensas que non se poden alcanzar.

domingo, 6 de junio de 2010

Xornada de clausura para as escolas de baloncesto


Xornada de clausura para tres dos equipos das Escolas de Baloncesto Concello de Zas. Na xornada do venres participaron os equipos benxamín, alevín e infantil. Para a clausura viñeron os tres equipos do CB Artai.
Bo ambinete no pavillón de Baio e estes foron os resultados:

Benxamín: EB Concello de Zas, 33-CB Artai,30

Alevín: EB Concello de Zas,33-CB Artai, 62

Infantil: EB Concello de Zas, 24-CB Artai, 42

jueves, 3 de junio de 2010

Último partido como visitante para as xogadoras de Trillo

O equipo cadete femenino afronta o seu último partido fóra de Baio da temporada. As xogadoras de Trillo viaxan o domingo a Laracha para medirse ante o equipo de Jesús

Clasificación Jornada
Equipo P.J. P.G. P.P. P.F. P.C. PTO. R.
1 GAYOLO BEGACAR 6 4 2 250 235 10 +3
2 AS TORRES MARIA PITA 4 4 0 258 136 8 +4
3 ESCOLA BALONCESTO CONCELLO ZAS 5 3 2 147 175 8 -1
4 CONCELLO LARACHA SPORT PLANET 5 2 3 175 160 7 -3
5 C.B. CULLEREDO 6 0 6 145 269 6 -6

Próxima Jornada 9 06/06/2010
GAYOLO BEGACAR - AS TORRES MARIA PITA - 06/06/2010 17:00
CONCELLO LARACHA SPORT PLANET - ESCOLA BALONCESTO CONCELLO ZAS - 06/06/2010 12:00

miércoles, 2 de junio de 2010

Clausura das actividades

O vindeiro venres, día 4 de xuño, os equipos do CB Artai participarán nunha xornada deportiva no pavillón municipal de Baio. Será a clausura das actividades dos equipos de base do EB Concello de Zas.
O horario da xornada é o seguinte:

18:00-Partido benxamín: EB Concello de Zas-CB Artai na pista 1

18:00-Partido alevín: EB Concello de Zas-CB Artai, na pista 2

19:00-Partido infantil masculino: EB Concello de Zas-CB Artai

miércoles, 26 de mayo de 2010

Horarios para este fin de semana

INFANTIL

SÁBADO 29 A LAS 12:00 HORAS EN ELVIÑA II

CD LOS ROSALES-EB CONCELLO ZAS

SALIDA DE BAIO ÁS 10:30

CADETE FEMENINO

DOMINGO 30 A LAS 17:00 EN ZAS

EB CONCELLO DE ZAS-CB CULLEREDO

Derrota ante o poderoso equipo de María Pita

EB CONCELLO DE ZAS – MARIA PITA: 20 – 59 (10 – 6; 3 – 24; 5 – 19;
2 – 10)
EB CONCELLO DE ZAS: Cristina, 0 ptos; Carlota, 5 ptos; María, 11 ptos; Nazaret, 0 ptos; Sabrina, 1 pto – quinteto inicial – Andrea, 2 ptos; Carla, 0 ptos; Elena, 1 pto.
Partido no que estaba en xogo o primeiro posto deste grupo, cunha derrota cada equipo.

Un primeiro cuarto no que o equipo de Zas conseguía poñerse por diante no marcador cun xogo fácil, a pesar de cometer moitos erros nas entradas a canastra, daba a esperanza, de que a pesar de ser un equipo baixo frente a un dos equipos mais altos do grupo, podían conseguir loitar pola victoria. Pero no segundo cuarto o equipo de María Pita adiantou líneas en defensa, forzando perdas de balón das rapazas de Zas, dándose un parcial de 3 – 24, que xa decidía o resultado do partido. O obxectivo pasaba por sufrir unha derrota pola menor diferencia posible, para seguir tendo posibilidades de loitar polos postos altos da táboa. Ademais, a pesar de xogarse o partido as 11:30h para evitar a calor, as rapazas de ambolos dous equipos notaban a calor existente no pavillón de Carballo e de forma especial as de Zas, co que foron víndose abaixo pouco a pouco. Mais do mesmo, no 3º e no 4º cuarto: presión de María Pita, fallos nas entradas, e a pesar de superar en varios momentos a presión das de María Pita o fallo no tiro volveu a facer que o seu marcador fora escaso nestes cuartos.


Clasificación Jornada
Equipo P.J. P.G. P.P. P.F. P.C. PTO. R.
1 AS TORRES MARIA PITA 4 4 0 258 136 8 +4
2 GAYOLO BEGACAR 5 3 2 193 206 8 +2
3 CONCELLO LARACHA SPORT PLANET 5 2 3 175 160 7 -3
4 ESCOLA BALONCESTO CONCELLO ZAS 4 2 2 127 175 6 -1
5 C.B. CULLEREDO 4 0 4 116 192 4 -4

lunes, 17 de mayo de 2010

Nova victoria para o equipo de Trillo


CULLEREDO – EB CONCELLO DE ZAS: 37 – 44 (4 – 7; 11 – 12; 16 – 11; 6 – 14)

EB CONCELLO DE ZAS: Cristina, 0 ptos; Nerea, 8 ptos; María, 15 ptos; Nazaret, 6 ptos; Sabrina, 8 ptos – quinteto inicial – Carlota, 7 ptos; Carla, 0 ptos.

Primer partido da segunda volta ante o equipo colista, sen ningunha victoria ata a xornada de hoxe nesta segunda liga.

Partido complicado para as xogadoras de Zas, que tras un inicio de primeiro cuarto onde nos primeiros minutos conseguían facer un parcial de 0 – 6, e dar a sensación de ser superior o equipo de Culleredo, finalmente este cuarto acabou cun marcador parcial de 4 – 7. Demasiados erros en ataques fáciles non permitiron que o equipo rompera xa o partido neste primer cuarto.


No segundo cuarto, mais do mesmo, moito fallo no ataque e maior acerto das rapazas de Culleredo, o cal dáballe esperanzas de poder dar a sorpresa, con catro puntos abaixo. E no terceiro cuarto o que parecía que podía pasar pasou: Culleredo era quén de darlle a volta o marcador neste cuarto e acabar 1 punto arriba, mentres que o equipo de Zas daba sensación de non querer gañar o partido. Chegábase así o último cuarto, con malas sensacións do equipo de Zas, con só seis xogadoras dispoñibles pola baixa para ese cuarto de Nerea, lesionada cun esguince (baixa de 15 días, polo menos) e cun público nas gradas que animaban a seu equipo ante a posibilidade da victoria. Pero as rapazas de Zas, conxuráronse para lograr a victoria neste partido, e a falta de 4 minutos conseguían poñerse por diante a base dunha forte defensa, forzando erros no equipo de Culleredo para entrar no último minuto e medio cunha vantaxe de 5 puntos que lles daba a tranquilidade necesaria para acabar o partido cunha victoria conseguida a partir do traballo defensivo.

Destacar que neste partido a puntuación do equipo foi repartida entre cinco das sete xogadoras.

Próxima xornada: 23-05-10
E.B. Concello de Zas – As Torres María Pita
Hora: 12:00 h
Pista: Pavillón Municipal de Zas (Cambio de pista, debido a estar ocupado o de Baio)

lunes, 10 de mayo de 2010

Derrota do equipo cadete ante Betanzos

GAYOLO BEGACAR - EB CONCELLO DE ZAS: 47 – 29
(Parciais: 10 – 4; 15 – 8; 12 – 6; 10 – 11)
EB CONCELLO DE ZAS: Nazaret, 11 ptos; Sabrina, 0 ptos; María, 4 ptos; Cristina, 0 ptos; Nerea, 8 ptos – quinteto inicial – Elena, 0 ptos; Carlota, 6 ptos.
Nunca se comenta sobre o arbitraxe dos partidos pero neste caso foi pésimo, sendo dende logo o peor do que vai da temporada. De todas formas non é desculpa para o mal partido das rapazas de Baio que mereceron a derrota, pero que quizá non fora cunha vantaxe tan alta a favor das rapazas de Betanzos (18 puntos). Moitos fallos no tiro a canastra para un equipo que quere loitar por estar nos postos altos da táboa.
O certo é, que o equipo non se atopou cómodo xogando ante a defensa individual de Betanzos ata o último cuarto, onde conseguiron nos tres primeiros minutos un parcial de 0 – 6, a partir dun bó traballo defensivo e, a pesar de que tanto María como Nerea tiñan 4 faltas neste cuarto; este inicio obrigou a pedir un tempo morto o adestrador de Betanzos para que o seu equipo correxira os erros que estaban a cometer nese momento, xa que a vantaxe empezaba a recortarse, polo que o final as rapazas de Baio conseguiron gañar este cuarto por un só punto.
Próxima xornada (15/09/05): Culleredo – Concello de Zas.

jueves, 6 de mayo de 2010

Horarios para este fin de semana


Dous partidos para os equipos das Escolas de Baloncesto do Concello de Zas. Destacar ó equipo cadete, que tras dúas xornadas leva dúas victorias e camiña con paso firme nests segunda fase da liga. Moi bo o traballo que está a facer Trillo coas xogadoras baiesas


CADETE FEMENINO


Gayolo Betanzos-EB Concello de Zas, o sábado 8 de maio ás 12:15 no pavillón municipal de Betanzos.

Saída do bus: 10:00


INFANTIL MASCULINO


EB Concello de Zas-Valle Inclán, o domingo 9 de maio ás 12:30 no pavillón de Elviña I da Coruña


Saída de Baio : 10:45 horas

martes, 4 de mayo de 2010

Victoria in extremis do equipo cadete femenino



EB CONCELLO DE ZAS – LARACHA SPORT PLANET: 34 – 32 (Parciais: 6 – 8; 7 – 2; 9 – 11; 13 – 10)

EB CONCELLO DE ZAS: Nazaret, 6 ptos; Sabrina, 0 ptos; María, 6 ptos; ptos; Carlota, 0 ptos; Nerea, 16 ptos – quinteto inicial – Andrea, 0 ptos; Elena, 0 ptos; Carla, 0 ptos.
Primeiro partido disputado na sua casa nesta 2º liga na que participa o equipo de Zas, e primeira victoria ante un rival co cal xa se enfrentara na 1ª liga.
Partido moi intenso e con un marcador moi apretado onde as máximas vantaxes no marcador non superaron os cinco puntos o longo do encontro.
Na defensa non podemos destacar a ningunha, senón a todas, xa que todas cumpriron con creces e a victoria empezou por ese gran traballo. No ataque cometeron moitas imprecisións no tiro. Destacar, de todas formas nesta faceta do ataque, o magnífico partido de Nerea con 16 puntos, é a Nazaret, xa que no último segundo tivo a tranquilidade necesaria para anotar os dous tiros libres que deron a victoria o equipo de Zas.
No primeiro cuarto o acerto de Laracha no ataque permitiulle acabar gañando este cuarto para no segundo sair gañadoras as de Zas cun marcador onde se reflexa o gran traballo na defensa conseguindo que o equipo visitante quedarase en tan só dous puntos. Tralo descanso Laracha reaccionou é en tan só dous minutos xa se poñían por diante no marcador novamente. Reaccionaron as rapazas de Zas, e cun gran traballo defensivo conseguiron que no final deste cuarto o marcador fora favorable a elas por tan só un punto (22-21). Iniciase o último cuarto con todo por decidir e no seu inicio parece que pode sacar vantaxe o equipo local, pero ante a falla de acerto no ataque (unha gran cantidade de fallos no tiro) o equipo de Laracha foi quen de chegar a empatar o partido antes de entrar no último minuto. Tras un ataque do equipo de Zas fallado faltando 10 segundos, Laracha sae en contraataque fallando a entrada e na loita polo rebote pitanlle falta sobre a xogadora local Nazaret, quedando tan só un segundo para o final do partido. Nazaret vaise a línea de tiros libres (tiña xa mais de catro faltas de equipo Laracha) convertendo os dous. Tempo morto que aproveita Laracha para sacar de centro do campo, pero o equipo de Zas, despois de estar todo o partido con defensa en zona, cambia a unha individual para impedir un tiro cómodo, conseguindo forzar o pase e recuperando o balón, rematando o partido con esa victoria de tan só dous puntos.
Próxima xornada (08/09-05): Gayolo Betanzos – Concello de Zas

jueves, 29 de abril de 2010

So hai un partido esta semana

Xa queda menos para o remte desta temporada. Este fin de semana so hai un partido, o que disputan as xogadoras cadetes o domingo, o día da Nai. O encontro terá lugar no pavillón municipal de Baio ás 12:00 ante o Concello de A Laracha Sport Planet
Posted by Picasa

jueves, 22 de abril de 2010

Partidos para este fin de semana




Cadete femenino


EB Concello de zas-Descansa


Infantil masculino:


EB Concello de Zas-IES Monelos, o sábado ás 16:15 no pavillón da Sardiñeira da Coruña


Saída de Baio: 14:45 en coches.


Alevín masculino


EB Concello de Zas- Descansa


Benxamín:


EB Concello de Zas-CEIP A Cristina, o martes 27 de abril ás 19:00 no pavillón de Baio

martes, 20 de abril de 2010

Crónica do fin de semana


Cadete femenino-Liga provincial- Segunda fase-Grupo A·3

As Torres María Pita, 0-EB Concello de Zas, 20

Poderíase pensar que o equipo local non acudiu ó partido dado o resultado, pero sí que estaba. Tamén se podería pensar que non tiña a todas as xogadoras, pero Calvelo tiña o equipo para xogar. O que pasou e que o equipo local olvidouse de resevar a pista para xogar o partido polo cal os árbitros decidiron dar como vencedor ó equipo de Trillo. A directiva local tratou de buscar un pavillón para xogar o partido pero non lles foi posible.

Para ver a clasificación, pincha aquí

Infantil masculino-Liga provincial-2ª división-

CBC,41-EB Concello de Zas, 24

Bo partido dos xogadores de Pablo, pero está claro que para ter ventaxa neste deporte hai que ser alto, carencia dos nosos xogadores, que se viron impotentes ante a superioridade física dos de Culleredo.

Clasificación



Alevín masculino-Liga comarcal


CB Laracha, 60 EB Concello de Zas, 44



Benxamín-Liga comarcal


CB Laracha, 16-EB Concello de Zas, 60

jueves, 15 de abril de 2010

Horarios para este fin de semana

Deixo aquí o horario para este fin de semana. Ollo, pola comida das fías, que se celebra mañán, non hai entreno nin o venres, nin o luns, nin o martes. Os entrenos reanudanse o mércores para o equipo cadete femenino



Cadete femenino
As Torres María Pita-EB Concello de Zas, sábado 18 ás 12:30 en Valle Inclán
Saída de Baio ás 11:00 horas en bus


Infantil masculino
EB Concello de Zas-CBC, o sábado 18 de abril ás 17:15 no pavillón da Sardiñeira da Coruña
Saída de Baio ás 15:45 en coches.


Alevín masculino-Liga comarcal-Xornada 10

CB Laracha-EB Concello de Zas, o sábado 18 de abril ás 11:55 no IES Parga Pondal

Saída do bus ás 10:00 horas

Chegada ás 13:30


Benxamín-Liga comarcal-Xornada 10

CB Laracha-EB Concello de Zas, o sábado 18 de abril ás 10:50 no IES Parga Pondal

Saída do bus ás 10:00 horas

Chegada ás 13:30

domingo, 11 de abril de 2010

Unha victoria e unha derrota neste fin de semana

III xornada triangularmaio2009
Despois de tres semanas de descanso volvía a competición para os máis pequenos do club. Na mañán do sábado xogaban os seus partidos os equipos benxamín e alevín. A victoria lograbana os cativos, derrotando de forma clara o equipo B do CB Artai. Pola contra, a derrota era para os alevíns, pese da dar unha boa imaxen ante o CB Artai B

Alevín masculino-Liga comarcal-Xornada9

CB Artai B, 47-EB Concello de Zas,29

Benxamín-Liga comarcal-Xornada 9

CB Artai B, 9-EB Concello de Zas, 50

jueves, 8 de abril de 2010

Horarios para este fin de semana



Este fin de semana só compiten os equipos alevín e benxamín na liga comarcal que se xoga en Carballo. O equipo cadete de Trillo apraza o seu partido e o equipo infantil dependerá do que decidan mañán os seus xogadores para seguir xogando na liga provincial.



Os horarios son os seguintes:



Alevín masculino-Liga comarcal-Xornada 9

CB Artai B-EB Concello de Zas, o sábado 11 de abril ás 11:55 no IES Parga Pondal
Saída do bus ás 10:00 horas
Chegada ás 13:30
Benxamín-Liga comarcal-Xornada 9

CB Artai B-EB Concello de Zas, o sábado 11 de abril ás 10:50 no IES Parga Pondal
Saída do bus ás 10:00 horas
Chegada ás 13:30



jueves, 18 de marzo de 2010

Horarios para a ponte de San Xosé


O equipo infantil masculino será o único que teña actividade este fin de semana. O horario será o seguinte:

EB Concello de Zas-Obradoiro, o sábado 20 de marzo ás 11:15 en Elviña II

Saída de Baio ás 10:00 horas

Brigantium-EB Concello de Zas, o domingo 21 de marzo ás 12:30 en Elviña I

Saída de Baio ás 11:15

Resultados do fin de semana



Os dous equipos de base das escolas acadaron o triunfo na xornada disputada o sábado no pavillón municipal de Baio ante os equipos de Xuventude Dubresa. Os benxamíns, terceiros na liga gañaron por 33 a 10 e seguen demostrando día a día que poden enfrentarse contra calquera equipo.

Tamén venceron os alevíns, pese a estar só con catro xogadores.Neste caso gañaron por un axustado 41 a 39

jueves, 11 de marzo de 2010

O baloncesto volve ó pavillón de Baio


Despois de moitos meses a competición comarcal de baloncesto volve ó pvaillón municipal de Baio. Gracias ó equipo da Xuventude Dubresa e sobre todo o seu adestrador, Juan o que fora profesor de Educación Física no colexio baiés, os partidos do sábado xogaranse en Baio co seguinte horario:

BENXAMÍN: EB Concello de Zas-Xuventude Dubresa ás 11:00 no pavillón de Baio

ALEVÍN: EB Concello de Zas-Xuventude Dubresa ás 11:00 no pavillón de Baio

Os xogadores terán que estar no pavillón ás 10:30

martes, 9 de marzo de 2010

Resultados do fin de semana para os nosos equipos


CADETE FEMENINO

LARACHA SPORT PLANET–EB CONCELLO DE ZAS: 32 – 35
Parciais:(11 – 10; 10 – 11; 8 – 6; 3 – 8)

EB CONCELLO DE ZAS: Sandra, 9 ptos; Nerea, 0 ptos; María, 12 ptos; Elena, 0 ptos; Carlota, 3 ptos – quinteto inicial – Cristina, 0 ptos; Carla, 0 ptos; Nazaret, 8 ptos; Sabrina: 2 ptos; Andrea, 1 pto.

Ultima xornada desta liga onde xogaban os dous equipos que pechan a clasificación.
Partido igualado e bronco de principio a fin, con alternancias no marcador, diferencias que non superaban mais aló dos cinco puntos.
Laracha iniciaba o encontro cunha defensa individual presionante a todo o campo, que complicaba o xogo das rapazas de Zas. Mentres, o equipo de Zas facía cambios defensivos, de zona a individual e de novo a zona intentando incomodar os ataques de Laracha. Un primer cuarto que acabou cun apretado 11 – 10, deixando xa a sensación de que ía ser un partido disputado ata o último segundo como así foi. O segundo cuarto foi mais do mesmo, chegándose o descanso con empate no marcador (21 – 21). No terceiro cuarto as de Laracha parecía que querían romper o partido, para a continuación haber un certo descontrol no xogo de ambos equipos do cal saliu mais beneficiado o equipo de Zas, conseguindo recortar diferencias, para acabar este terceiro cuarto tan só dous puntos abaixo. Neste cuarto a defensa das rapazas de Zas non foi todo o boa que debera, pero a pesar delo seguían con opcións no partido, quedando todo pendente para o último cuarto. E un último cuarto onde a igualdade e alternancia no marcador era a constante: dous puntos arriba Laracha, a continuación era o equipo de Zas quen tiña esa vantaxe a favor. E así chegamos o último minuto onde as rapazas de Zas chegaron con cinco puntos de vantaxe. Laracha conseguiu encestar faltando cincoenta segundos e deixar a diferenza en tan só tres puntos. Moita tensión e nervos nestas últimas xogadas pola incerteza do resultado que non se moviu, sendo o equipo beneficiado destos nervos o equipo de Zas.
Final de partido ca segunda victoria do equipo de Zas nesta liga.

ALEVÍN
EBX Burguitos, 53-EB Concello de Zas, 36

BENXAMÍN

EBX, 34-EB Concello de Zas, 30

jueves, 4 de marzo de 2010

Horarios para este fin de semana


HORARIOS EB CONCELLO DE ZAS


Infantil-Liga provincial-Xornada 9

Non hai xornada pola folga

Alevín-Liga Comarcal-Xornada 8

EB Concello de Zas-Batidos Leyma EBX, o sábado día 6 de marzo ás 11:55 no IES Parga Pondal de Carballo

Saída do bus: 11:00
Chegada do bus: 13:40 horas

Benxamín-Liga Comarcal-Xornada 8

EB Concello de Zas-Batidos Leyma EBX, o sábado día 6 de marzo ás 11:55 no IES Parga Pondal de Carballo

Saída do bus: 11:00
Chegada do bus: 13:40 horas

Cadete femenino-Liga provincial-Xornada 13

Concello de A Laracha-EB Concello de Zas, o sábado 6 de marzo ás 16:15 no pavillón municipal de Paiosaco
Saida do bus: 15:00 horas

Para máis infomación ver: www.cbaio.es

jueves, 25 de febrero de 2010

Non hai baloncesto para este fin de semana


Suspendida a competición desta xornada en TODAS as LIGAS FGB e LIGAS ZONAIS

A Federación Galega de Baloncesto, seguindo as recomendacións da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en vista da adversa situación meteorolóxica que atravesa nestas datas a nosa Comunidade e por unha cuestión de prudencia, toma a decisión de SUSPENDER TODA A COMPETICIÓN DESTA XORNADA nas LIGAS FGB e LIGAS das DELEGACIÓNS ZONAIS.

Polo tanto suspéndense TODOS os encontros de carácter autonómico e zonal a disputar na nosa Comunidade Autónoma esta fin de semana (26, 27 e 28 de febreiro). Así mesmo, a Federación Galega de Baloncesto habilita a fin de semana do 27 e 28 de marzo como data para ubicar de novo esta xornada para todas as competicións FGB, excepto para a Liga FGB Sénior Feminina cuxa nova data de xogo será a do 19 de marzo.

Todos os clubs que desexen fixar os seus encontros noutras datas diferentes das anteriores, previo acordo entre os dous equipos implicados e notificado á Federación Galega por escrito, poderán facelo sen que isto lles supoña custe monetario algún.

lunes, 22 de febrero de 2010

Crónica da xornada



CADETE FEMENINO
EB CONCELLO DE ZAS - MARISTAS: 11 – 50 (Parciais: 0 – 12; 4 – 10; 3 – 12; 4 – 16)

EB CONCELLO DE ZAS: Sandra, 0 ptos; Cristina 0 ptos; Nerea, 0 ptos; María, 6 ptos; Carlota, 5 ptos – quinteto inicial – Andrea, 0 ptos; Carla, 0 ptos.

Partido con pouca historia para contar: moi boa defensa das rapazas de Baio durante todo o partido facendo novamente que o equipo contrario baixara na sua puntuación con respecto o partido de ida. (Recordar que o marcador na ida fora de 87 – 10). En ataque decir que a pesar de chegar a canastra de Maristas as rapazas de Baio non eran capaces de anotar, tendo merecido obter un marcador bastante superior os 11 puntos que reflexaba o seu marcador como pasou no partido de ida.
O equipo de Baio non volve a ter competición ata a xornada do 07 de marzo, en partido de rivalidade comarcal contra Laracha e último partido desta liga, xa que na próxima xornada correspondelle descansar.

INFANTIL
EB Concello de Zas,31-Los Rosales, 16
Victoria do equipo infantil no debut de Pablo Moreira como adestrador do equipo.

miércoles, 17 de febrero de 2010

Horarios para este fin de semana



Este fin de semán, os equipos das EB Concello de Zas tan só van a disputar tres partidos.Serán os equipos benxamín, infantil e cadete femenino os únicos que compitan. Os horarios son os seguintes:

Infantil-Liga provincial-Xornada 9

Los Rosales-EB Concello de Zas, o sábado ás 16:30 no colexio Compañía de María

Saída ás 15:00 de Baio en coches partículares

Benxamín-Liga Comarcal-Xornada 7

EB Concello de Zas- Xuventude Dubresa, o sábado día 20 de febreiro ás 10:50 no IES Parga Pondal de Carballo

Saída do bus: 09:50
Chegada do bus: 13:00 horas

Cadete femenino-Liga provincial-Xornada 11

EB Concello de Zas-Maristas Coruña, o domingo 21 de febreiro ás 17:00 no pavillón municipal de Baio

lunes, 15 de febrero de 2010

Derrota do equipo cadete ante Santa María del Mar


STA MARIA DEL MAR - EB CONCELLO DE ZAS: 81 – 39 (Parciais: 18 –7; 16 – 15; 28 – 4; 19 – 13)

EB CONCELLO DE ZAS: Sandra, 2 ptos; Cristina, 0 ptos; Elena ,4 ptos; Nerea, 6 ptos; Carlota, 13 ptos – quinteto inicial – Nazaret, 7 ptos; Andrea, 0 ptos; Carla, 0 ptos; María 7 ptos.

Un inicio de partido no que os dous equipos parecían competir en fallos no tiro, indo por rachas cada un deles; así de arrancada o Sta Mª del Mar poñia de principio un marcador de 7 – 0 para dous minutos mais tarde estar 7 – 6 con opción de ponerse por diante o equipo de Zas, para no final do cuarto distanciarse o equipo coruñés de 11 puntos. No segundo cuarto continuou a igualdade no marcador, tendo un parcial a favor de Sta Mª del Mar por un só punto (16-15). Chegado o terceiro cuarto, no que normalmente consiguen millores resultados parciais as de Zas, nesta ocasión douse a debacle cun parcial que xa rompiu completamente o marcador e as opcions de seguir no partido para as rapazas de Baio (28-4). Si durante todo o partido a perda de balons nos pases estaba sendo mais alto do habitual, neste tercer cuarto foi o aspecto que marcou o resultado de forma crara. No último cuarto volveron a recuperar o nivel dos últimos encontros, conseguindo unha puntuación por riba dos 10 puntos.
Próxima xornada nº 12 (21/02):
E.B.Concello de Zas – Maristas
Pista: Pavillón municipal Baio
Hora: 17:00 h

martes, 9 de febrero de 2010

Clasificación alevín


Clasificación

Total

Pos Equipo J G E P GF GC DF Pts.

1 ACB Costa Da Morte 5 4 0 1 242 176 66 9

2 Artai A 4 4 0 0 262 93 169 8

3 Burguitos EBX 4 3 0 1 248 124 124 7

4 Artai B 5 2 0 3 217 191 26 7

5 Concello Zas 5 2 0 3 196 180 16 7

6 Laracha 4 0 0 4 43 316 -273 4

7 Xuv. Dubresa 3 0 0 3 69 197 -128 3

Clasificación do equipo benxamín


clasificación

Total
Pos Equipo J G E P GF GC DF Pts.
1 Artai A 5 5 0 0 227 76 151 10
2 Batidos Leyma EBX 5 4 0 1 296 82 214 9
3 Concello Zas 4 3 0 1 200 30 170 7
4 Artai B 5 2 0 3 90 176 -86 7
5 Laracha 4 2 0 2 150 162 -12 6
6 Xuv. Dubresa 4 2 0 2 72 95 -23 6
7 Artai C 6 0 0 6 52 356 -304 6
8 A cristina 3 0 0 3 16 126 -110 3

lunes, 8 de febrero de 2010

Derrota do equipo cadete

EB CONCELLO DE ZAS – MONTE MOAS BCA: 24 – 75 (1 – 20; 7 – 16; 4 – 12; 12– 27)

EB CONCELLO DE ZAS: Cristina, 0 ptos; Nerea, 2 ptos; María, 2 ptos; Elena, 0 ptos; Carlota, 10 ptos – quinteto inicial – Sandra, 4 ptos; Carla, 0 ptos; Nazaret, 6 ptos; Andrea, 0 ptos.

Tralo bo partido disputado a semana pasada ante As Torres María Pita o equipo de Baio novamente tivo un pésimo inicio de partido que permitiu o equipo de Monte Moas BCA marcharse no marcador.

A defensa presionante do equipo coruñés e malas seleccións de pase, sobre todo, favorecían o xogo de contraataque para o equipo visitante.

No terceiro cuarto, cun cambio de actitud nas xogadoras baiesas conseguiron que o equipo visitante conseguira a súa primeira canastra na mitade deste cuarto. Destacar neste cuarto o quinteto que estaba na pista, as tres infantis do equipo Elena, Carla e Andrea, xunto con Carlota e Sandra, facendo un meritorio traballo contra un equipo contrario mais alto.

No último cuarto a defensa perdiu un pouco de intensidade por parte dos dous equipos, prevalecendo os ataques sobre as defensas, dándose o marcador mais alto de todolos cuartos: 12-27

Próxima xornada: nº11 (13/14-02)

Santa Maria del Mar – EB Concello de Zas

jueves, 4 de febrero de 2010

Horario para este fin de semana


HORARIO DE BALONCESTO

CADETE FEMENINO-LIGA PROVINCIAL-10ªXORNADA

EB Concello de Zas-Monte das Moas BCA, o domingo 7 de febreiro ás 17:00 no pavillón municipal de Baio



Infantil masculino-Liga provincial 2ª División-7ª xornada

EB Concello de Zas-Suspendida a xornada



Alevín-Liga comarcal-6ª xornada

ACB Costa da Morte–EB Concello de Zas, o sábado día 6 ás 11:55 no IES Parga Pondal

Saida ás 9:50 da tenda de deportes MC

Chegada ás 13:30



Benxamín-Liga comarcal-6ª xornada

Artai C-EB Concello de Zas, o sábado día 6 ás 10:50 no IES Parga Pondal

Saida ás 09:50 da tenda de deportes MC

Chegada ás 13:30

domingo, 31 de enero de 2010


CRÓNICA EB CONCELLO DE ZAS
CADETE FEMENINO
AS TORRES MARIA PITA–EB CONCELLO DE ZAS: 65 – 32 (18 – 2; 14 – 13; 14 – 3; 19 – 14)
EB CONCELLO DE ZAS: Sandra, 15 ptos; Nerea, 2 ptos; María, 1 ptos; Elena, 4 ptos; Carlota, 4 ptos – quinteto inicial – Cristina, 0 ptos; Carla, 0 ptos; Nazaret, 6 ptos.
2º partido da 2ª volta, unha 2ª volta onde o equipo de Baio ten dos obxectivos marcados en cada encontro: aumentar a súa puntuación con respecto ó partido de ida, e que o equipo contrario non consiga chegar, e menos superar, a puntuación do partido de ida.
Neste segundo encontro conseguiose o primeiro obxectivo (sumar mais puntos que na ida) pero non asi o 2º xa que o resultado no partido de ida fora de 24-46.
Un primer e terceiro cuarto moi desafortunado no acerto no tiro a canastra permitiu o equipo de María Pita marcharse no marcador para ter un partido cómodo, en canto a resultado non así en canto a xogo. Moi boa actitud en defensa das xogadoras de Baio a pesar do marcador, e en ataque boas sensacións a pesar do pésimo porcentaxe no tiro. Destacar neste senso que, pouco a pouco, case todolas xogadoras consiguen anotar e aportar puntos para a anotación do equipo nestes últimos partidos.
ALEVÍN-LIGA COMARCAL
EB Concello de Zas, 26-CB Artai A, 60
BENXAMÍN-LIGA COMARCAL
EB Concello de Zas, 10-CB Artai, 20

jueves, 28 de enero de 2010

Horarios para este fin de semana

HORARIO DE BALONCESTO
CADETE FEMENINO-LIGA PROVINCIAL-9ªXORNADA
Maristas Valle Inclán-EB Concello de Zas, o sábado 30 de xaneiro ás 12:30 no pavillón Valle Inclán de Oleiros

Infantil masculino-Liga provincial 2ª División-7ª xornada
EB Concello de Zas-Liceo La Paz, o domingo día 31 de xaneiro ás 11:15 en Elviña I

Alevín-Liga comarcal-5ª xornada
Artai A–EB Concello de Zas, o sábado día 30 ás 10:50 no IES Parga Pondal
Saida ás 9:50 da tenda de deportes MC
Chegada ás 13:30

Benxamín-Liga comarcal-5ª xornada
Artai A-EB Concello de Zas, o sábado día 30 ás 11:55 no IES Parga Pondal
Saida ás 09:50 da tenda de deportes MC
Chegada ás 13:30

lunes, 25 de enero de 2010

Resultados do fin de semana






CRÓNICA EB CONCELLO DE ZAS
 CADETE FEMENINO
ARTAI –EB CONCELLO DE ZAS: 60 – 18 (22 – 2; 14 – 0; 15 – 6; 9 – 10)
ARTAI: Blanca Fuentes, 2 ptos; Natalia Bello, 18 ptos;Sofía Traba, 5 ptos; Marta Fernández, 10 ptos;Paula Queijo, 2 ptos; Zaira Pallas, 4 ptos;Iria Suárez, 9 ptos (1 tripla); Natalia Castro, 2 ptos;Noelia García, 2 ptos; Valeria Mancebo, 6 ptos; Alba Fidalgo, 0 ptos.
EB CONCELLO DE ZAS: Sandra, 6 ptos; Sabrina, 2 ptos; María, 2 ptos; Elena, 4 ptos; Carlota, 2 ptos – quinteto inicial – Cristina, 0 ptos; Carla, 0 ptos; Nerea, 2 ptos.
Partido aprazado correspondente a 1ª xornada debido o temporal.
Un inicio de partido no que Artai marchouse moi fácil no marcador aproveitando a total falta de concentración das xogadoras do equipo de Baio. Estas non entraron no partido ata despois do descanso, onde as de Artai relaxaronse ca vantaxe que levaban no marcador, permitindo que as Baio maquillaran un pouco o seu marcador.
Lamentar neste encontro as lesións tanto da xogadora de Artai Fidalgo, no xeonllo dereito, coma de Sabrina do equipo Zas, cun forte esguince na sua man dereita, que estarán temporalmente sin participar na competición.
En xeral, mal partido das xogadoras da EB Concello de Zas nun partido no que parecían moi aceleradas, errando continuamente nos pases teóricamente fáciles.


EB CONCELLO DE ZAS – ARTAI: 22 – 68 (0 – 18; 10 – 14; 4 – 20; 8 – 16)
EB CONCELLO DE ZAS: Sandra, 2 ptos; Nerea, 2 ptos; María, 6 ptos; Elena, 2 ptos; Carlota, 4 ptos – quinteto inicial – Cristina, 0 ptos; Carla, 0 ptos; Nazaret, 2 ptos; Andrea, 4 ptos.
ARTAI: Blanca Fuentes, 4 ptos;Natalia Bello, 18 ptos; Zaira Pallas, 4 ptos; Iria Suárez, 12 ptos ;Noelia García, 14 ptos – quinteto inicial -Paula Queijo, 8 ptos; Marta Fernández, 4 ptos;Natalia Castro, 4 ptos
Novo enfrentamento entre estos dous equipos despois de xogar no dia de onte, sábado, o partido de ida.
Novamente un pésimo inicio de partido por parte das xogadoras de Baio fixeron que o seu marcador non se estrenase ata o 2º cuarto, cando xa a diferencia rondaba os 20 ptos. Malas seleccións de pase, sobre todo, favorecían o xogo de contraataque de Artai, que sin facer unha gran presión provocaban o fallo nas xogadoras baiesas.
 INFANTIL MASCULINO-LIGA PROVINCIAL XORNADA 6
EB Concello de Zas, 20-BCA Monte das Moas, 29
 ALEVÍN MASCULINO-LIGA COMARCAL-XORNADA 4
EB Concello de Zas, 72-Xuventude Dubresa, 22
 BENXAMÍN MASCULINO-LIGA COMARCAL-XORNADA 4
EB Concello de Zas, 52-CEIP A Cristina, 2

jueves, 21 de enero de 2010

Horarios para este fin de semana


HORARIO DE BALONCESTO

CADETE FEMENINO-LIGA PROVINCIAL-8 e 1ª XORNADA

EB Concello de Zas-CB Artai, o domingo 24 de xaneiro ás 17:00 no pavillón municipal de Baio

CB Artai-EB Concello de Zas, o sábado 23 de xaneiro ás 10:30 no pavillón da Zona Escolar de Carballo

Infantil masculino-Liga provincial 2ª División-6ª xornada

EB Concello de Zas-IES Moas BCA, o domingo día 24 de xaneiro ás 11:15 en Elviña I

Alevín-Liga comarcal-4ª xornada

Xuventude Dubresa–EB Concello de Zas, o sábado día 23 ás 10:50 no IES Parga Pondal

Saida ás 9:30 da tenda de deportes MC

Chegada ás 13:30

Benxamín-Liga comarcal-4ª xornada

CEIP A Cristina-EB Concello de Zas, o sábado día 23 ás 11:55 no IES Parga Pondal

Saida ás 09:30 da tenda de deportes MC

Chegada ás 13:30

martes, 19 de enero de 2010

Victoria do equipo cadete femenino

CADETE FEMENINO
EB CONCELLO DE ZAS – LARACHA SPORT PLANET: 55 – 38 (Parciais: 12 – 10; 14 – 12; 10 – 5; 19 – 11)

EB CONCELLO DE ZAS: Sandra, 12 ptos; Sabrina, 0 ptos; María, 19 ptos; ptos; Carlota, 12 ptos; Elena, 0 ptos – quinteto inicial – Andrea, 2 ptos; Nazaret, 10 ptos; Carla, 0 ptos; Cristina, 0 ptos.

Tralas vacacións de nadal e a xornada de descanso da semana anterior volvía a competir o equipo de Baio nun partido de rivalidade ante Laracha
Partido no que notouse a falta de competición durante o periodo vacacional e que estivo igualado ata o descanso onde o marcador era 26-22 favorable as de Baio, para empezar a despegarse no marcador no 3º cuarto e asegurarse o partido no último cuarto.
E necesario un maior esforzo na defensa, xa que todolos equipos contra os que se leva xogado están dispoñendo de moitas facilidades para anotar. As posibilidades de mellora pasan por aplicarse na defensa de noso par para evitar canastras fáciles, e facer axudas as compañeiras que se ven superadas polo seu par.
Por parte do equipo baiés destacar a boa labor tanto en defensa como en ataque de Sandra, o acerto de María no tiro e o traballo no rebote de Carlota e Nazaret.


Clasificación Jornada
Equipo P.J. P.G. P.P. P.F. P.C. PTO. R.
1 ARTAI 5 4 1 225 169 9 +1
2 AS TORRES MARIA PITA 6 3 3 286 239 9 -1
3 STA MARIA DEL MAR 4 4 0 239 112 8 +4
4 MARISTAS CORUÑA 5 3 2 276 174 8 -1
5 ESCOLA BALONCESTO CONCELLO ZAS 5 1 4 121 347 6 +1
6 MONTE MOAS BCA 4 1 3 200 158 5 -2
7 CONCELLO LARACHA SPORT PLANET 3 0 3 76 224 3 -3

miércoles, 13 de enero de 2010

Horario de partidos para este fin de semana

HORARIO DE BALONCESTO

CADETE FEMENINO-LIGA PROVINCIAL-6ª XORNADA

EB Concello de Zas-Concello de A Laracha, o domingo 17 de xaneiro ás 17:00 no pavillón municipal de Baio

Infantil masculino-Liga provincial 2ª División-5ª xornada

EB Concello de Zas-Brigantium-Suspendido pola folga dos traballadores das instalacións deportivas municipais.

Alevín-Liga comarcal-3ª xornada

CEIP Bergantiños –EB Concello de Zas, o sábado día 16 ás 11:55 no IES Parga Pondal
Saida ás 09:45 da tenda de deportes MC
Chegada ás 13:30

Benxamín-Liga comarcal-3ª xornada

CEIP Bergantiños-EB Concello de Zas, o sábado día 16 ás 10:50 no IES Parga Pondal
Saida ás 09:45 da tenda de deportes MC
Chegada ás 13:30