martes, 30 de noviembre de 2010

Primeira victoria do equipo junior de Trillo de derrota dos infantiles de Pablo


CONCELLO DE ZAS – BCA CASTROS: 29 – 20

(1 – 3; 14 – 7; 6 – 6;8 – 4)

(Acumulado: 1 - 3; 15 - 10; 21 - 16; 29 – 20)

CONCELLO DE ZAS: Patricia, 1 ptos; Carlota, 10 ptos; María, 10 ptos; Nazaret, 3 ptos; Sabrina, 0 ptos – quinteto inicial – Nerea, 1 pto; Carla, 0 ptos; Elena, 0 ptos; Sandra, 4 ptos.

Árbitros: Os árbitros designados polo comité non acudiron a ningún dos dous encontros que tiñan que pitar o domingo pola maña, tanto en Cee, na categoría cadete feminina, como en Baio, na categoría junior feminina. Sí acudiron os partidos as dúas persoas designadas como mesa para ditos encontros.

Os arbitraxes, co acordo dos equipos visitantes, foron feitos por parte de membros dos dous equipos locais.

Primeira victoria para o equipo de Baio ante un equipo que vai ser da sua liga na presente tempada.

Partido cun marcador baixo debido o frío que facía na maña do domingo que orixinou gran cantidade de fallos no tiro de ambolos dous equipos.

Un primeiro cuarto no que, coma xa se indicou antes, notabase o frío porque ningún dos dous equipos foi quén de irse no marcador e o baixo acerto no tiro dou lugar a un parcial neste cuarto moi baixo, de 1 – 3.No segundo cuarto os marcadores dos dous equipos xa foron a unha anotación mais normal dun partido de baloncesto, e onde o equipo de casa foi capaz de poñerse por diante no marcador antes de chegar o descanso. Esta ventaxa superona manter no terceiro cuarto, cun parcial no que os dous equipos empataron a seis. No 4º cuarto as sensacións no ritmo do partido e marcador deron unha certa tranquilidade as rapazas de Baio para darse conta de que tiñan o triunfo a seu alcance facendo as cousas cun pouco de calma.

NON HAI XORNADA NA FIN DE SEMANA DA PONTE DA CONSTITUCIÓN. SALTASE A SEGUINTE FIN DE SEMANA

PRÓXIMA XORNADA: 12/12/10

SANTA MARÍA DEL MAR – CONCELLO DE ZAS


INFANTIL MASCULINO-PARTIDO AMISTOSO


EB Baio, 25-CB Artai B, 45

César (5), Andrés (8), Aítor (5), Sergio (5), Eirín, Antonio (4), Penedo (4), Jorge Vecino, Pablo (6), Diego Taibo (4) e Igor (2)


viernes, 26 de noviembre de 2010

Partidos para este fin de semana

  • PARTIDO INFANTIL MASCULINO-AMISTOSO

EB Baio-CB Artai B, domingo 28 ás 10:15 no pavillón municipal de Baio

  • PARTIDO JUNIOR FEMENINO-LIGA PROVINCIAL-XORNADA 3

EB Baio-BCA Os Castro, o domingo 28 ás 12:30 no pavillón municipal de baio

Derrota no derbi comarcal


GASOLEOS RIAL CARBALLO BASKET - CONCELLO DE ZAS: 68 – 15
(14 – 4; 13 – 0; 18 – 11; 23 – 0)
(Acumulado: 14 - 4; 27 - 4; 45 - 15; 68 – 15)

CONCELLO DE ZAS: Patricia, 0 ptos; Carlota, 5 ptos; María, 4 ptos; Sara, 0 ptos; Sabrina, 0 ptos – quinteto inicial – Nerea, 0 ptos; Andrea, 0 ptos; Elena, 2 ptos; Sandra, 4 ptos; Lucía: 0 ptos; Nazaret: 0 ptos.

Árbitros: Valera e Rial. Correctos.

1º partido de rivalidade comarcal e derrota merecida para o equipo de Baio ante un dos equipos que deben estar loitando polas primeiras prazas desta liga.
Moito a de millorar o xogo en ataque do equipo de Zas, xunto cun cambio na actitude durante os partidos: concentración dende o minuto 1 ata o 40 de partido. Mentres ese obxetivo non se logre as derrotas van caer do lado do equipo de Zas, e probablemente con marcadores como o deste día.
Pouco que contar dun partido no que no 2º e 4º cuarto o seu marcador quedou a cero. Por un momento, no 3º cuarto parecía que o equipo de Zas despertaba e comezaba a sumar en ataque (parcial neste 3º cuarto: 18-11) pero foi un espellismo do que se despertou no último cuarto.
Previsión Próxima xornada (3ª):
Concello de Zas - BCA Castros
Día: 28/11/10
Hora: 12:30 h
Pista: Pavillón municipal de Baio

domingo, 14 de noviembre de 2010

Derrota do equipo junior na primeira xornada de liga

CONCELLO DE ZAS – COMPAÑIA DE MARIA: 19 – 26 (6 – 2; 4 – 10; 3 – 6;

6 – 8) (Acumulado: 6 - 2; 10 - 12; 13 - 18; 19 – 26)

CONCELLO DE ZAS: Patricia, 0 ptos; Carlota, 4 ptos; María, 1 pto; Nazaret, 2 ptos; Sabrina, 0 ptos – quinteto inicial – Nerea, 6 ptos; Carla, 0 ptos; Elena, 4 ptos; Sandra, 2 ptos; Lucía: 0 ptos; Sara: 0 ptos.

Árbitros: Torres e Carretero. Non influiron no resultado.

Primeiro partido de liga nunha nova categoría para as rapazas de Baio, agora como juniors, e primeiro partido na casa na presente tempada.

Partido cun marcador baixo debido a gran cantidade de fallos no tiro de ambolos dous equipos.

Un primeiro cuarto no que o equipo de Zas conseguía poñerse por diante no marcador cun xogo fácil, a pesar de cometer moitos erros nas entradas a canastra, aproveitando tamén o desacerto do equipo visitante. Pero no segundo cuarto o desacerto foi maior por parte do equipo de casa, fallando nos pases o cal permitiulle o equipo de Compañía facer contraataques fáciles e chegar o descanso cunha vantaxe de dous puntos. No terceiro cuarto mais do mesmo, xogando moi aceleradas as rapazas de Baio, tendo mala selección de tiro e un último cuarto no que o xogo foi moi bronco, seguindo cos mesmos erros que nos cuartos anteriores.

Neste último cuarto destacar no aspecto negativo que foi expulsada do partido a xogadora local Sara por propinarlle un empuxón a unha xogadora contraria cando o balón estaba parado en resposta a unha provocación que non viron os árbitros. Esto non exime a xogadora de que fora merecida a sua expulsión.

Próxima xornada: 21/11/10

Gasóleos Rial Carballo Basket – Concello de Zas

jueves, 4 de noviembre de 2010

Comeza a actividade para os equipos de Baio

Posted by Picasa


HORARIO DE PARTIDOS E CONVOCATORIAS PARA O FIN DE SEMANA
• • PARTIDO AMISTOSO CADETE FEMENINO
CB Artai-EB Baio, sábado 6 de novembro ás 12:00 horas no pavillón do colexio Artai de Carballo
• • PARTIDO AMISTOSO INFANTIL MASCULINO
CB Artai B-EB BAIO, o sábado 6 de novembro ás 10:30 no pavillón do colexio Artai de Carballo