viernes, 5 de junio de 2009

VI Día do Minibásquet en Santiago


O sábado, 6 de xuño, dous equipos das Escolas de Baloncesto Concello de Zas participarán no VI Día do Minibásquet que terá como sede o Multiusos do Sar. 96 clubes procendentes de toda Galicia y máis de 1500 xogadores daranse cita nesta actividade que supón o punto final das actividades deportivas de moitos dos clubes participantes.

Os equipos das Escolas de Baio participan con dous equipos, un alevín e un equipo benxamín. A expedición baiesa partirá con rumbo a Santiago ás 8:30 con trinta xogadores e que terán o seguinte horario de partidos:

ALEVÍN A

10:15 HORAS EB Concello Zas – Cia.María Santiago

16:15- Fontiñas – EB Concello Zas



BENXAMÍN

12:30-EB CONCELLO DE ZAS-Mbles.Andrade Xinzo

17:45: EB CONCELLO DE ZAS – Allariz

A actividade rematará ás sete e media da tarde, coa entrega de agasallos a todolos xogadores participantes

No hay comentarios:

Publicar un comentario