martes, 9 de marzo de 2010

Resultados do fin de semana para os nosos equipos


CADETE FEMENINO

LARACHA SPORT PLANET–EB CONCELLO DE ZAS: 32 – 35
Parciais:(11 – 10; 10 – 11; 8 – 6; 3 – 8)

EB CONCELLO DE ZAS: Sandra, 9 ptos; Nerea, 0 ptos; María, 12 ptos; Elena, 0 ptos; Carlota, 3 ptos – quinteto inicial – Cristina, 0 ptos; Carla, 0 ptos; Nazaret, 8 ptos; Sabrina: 2 ptos; Andrea, 1 pto.

Ultima xornada desta liga onde xogaban os dous equipos que pechan a clasificación.
Partido igualado e bronco de principio a fin, con alternancias no marcador, diferencias que non superaban mais aló dos cinco puntos.
Laracha iniciaba o encontro cunha defensa individual presionante a todo o campo, que complicaba o xogo das rapazas de Zas. Mentres, o equipo de Zas facía cambios defensivos, de zona a individual e de novo a zona intentando incomodar os ataques de Laracha. Un primer cuarto que acabou cun apretado 11 – 10, deixando xa a sensación de que ía ser un partido disputado ata o último segundo como así foi. O segundo cuarto foi mais do mesmo, chegándose o descanso con empate no marcador (21 – 21). No terceiro cuarto as de Laracha parecía que querían romper o partido, para a continuación haber un certo descontrol no xogo de ambos equipos do cal saliu mais beneficiado o equipo de Zas, conseguindo recortar diferencias, para acabar este terceiro cuarto tan só dous puntos abaixo. Neste cuarto a defensa das rapazas de Zas non foi todo o boa que debera, pero a pesar delo seguían con opcións no partido, quedando todo pendente para o último cuarto. E un último cuarto onde a igualdade e alternancia no marcador era a constante: dous puntos arriba Laracha, a continuación era o equipo de Zas quen tiña esa vantaxe a favor. E así chegamos o último minuto onde as rapazas de Zas chegaron con cinco puntos de vantaxe. Laracha conseguiu encestar faltando cincoenta segundos e deixar a diferenza en tan só tres puntos. Moita tensión e nervos nestas últimas xogadas pola incerteza do resultado que non se moviu, sendo o equipo beneficiado destos nervos o equipo de Zas.
Final de partido ca segunda victoria do equipo de Zas nesta liga.

ALEVÍN
EBX Burguitos, 53-EB Concello de Zas, 36

BENXAMÍN

EBX, 34-EB Concello de Zas, 30

No hay comentarios:

Publicar un comentario