lunes, 7 de junio de 2010

Derrota do equipo cadete en A Laracha

LARACHA SPORT PLANET–EB CONCELLO DE ZAS: 38 – 29 (14 – 8; 12 – 2; 10 – 4; 2 – 15)

EB CONCELLO DE ZAS: Cristina, 0 ptos; Sabrina, 0 ptos; María, 14 ptos; Nazaret, 9 ptos; Carlota, 6 ptos – quinteto inicial – Elena, 0 ptos; Andrea, 0 ptos.
Partido de rivalidade comarcal entre dous equipos que están a disputar, xunto con Gayolo Betanzos, os postos do 2º o 4º nesta liga.
Partido no que no primeiro cuarto rematou cunha pequena vantaxe a favor de Laracha. Pero no segundo e terceiro cuarto desapareceu o equipo de Zas, moi desacertadas no tiro e sobre todo no pase, conseguindo Laracha chegar o inicio do último cuarto cunha vantaxe de 22 puntos. A pesar do marcador, as rapazas de Zas sairon neste último cuarto a lograr un resultado mais favorable no caso de empate na clasificación final da liga. E demostraron que, cando queren poden, xa que case consiguen a sorpresa; tal e como estaba o marcador no inicio deste cuarto, con 22 puntos abaixo, e xogando da forma que o estaban facendo, parecía imposible que poideran acercarse no marcador; pero a partir dunha defensa forte comezaron a recortar puntos, conseguindo deixar en tan só dous puntos o equipo de Laracha, mentres que o desacerto no tiro en ataque non permitiu culminar a remontada. Finalmente a diferencia quedou en 9 puntos, pero ca sensación de que se puido chegar a algo mais. Serviu este último cuarto para facerlle ver as rapazas de Zas, que a partir dunha boa defensa pódense alcanzar metas que en principio pensas que non se poden alcanzar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario