miércoles, 27 de mayo de 2009

III Xornada do Triangular dos equipos de base



O vindeiro domingo, 31 de maio, disputarase no pavillón municipal de Bergantiños de Carballo a terceira xornada dun torneo triángular entres os equipos benxamíns e alevíns dos clubes de Artai (Carballo), CB Culleredo e as Escolas de Baloncesto do Concello de Zas. Nesta terceira xornada tamén participa o CEIP Bergantiños de Carballo cos seus equipos benxamín e alevín En total participan 130 xogadores/as nunha xornada que comezará ás catro da tarde e que rematará ás oito da tarde e que conta coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto e o Patronato Deportivo Municipal de Deportes de Carballo
As outras dús xornadas xogaronse en Baio, o 25 de outubro e en Culleredo o 15 de novembro, con gran afluencia de público nas dúas ocasións.
Esta xornadas incluense nese marco de colaboración asinado no mes de setembro entre o Agencia AM de Baio e o CB Culleredo, o que entre outras cousas permite a participación no equipo senior baies de xogadores do club coruñés.

No hay comentarios:

Publicar un comentario