jueves, 7 de mayo de 2009

Xornada de móbiles na tarde do sábado


Previa xornada 30

Xornada trinta da 1ª División masculina. O Agencia AM visita a cancha do Estudiantes de Lugo, no Pazo provincial dos Deporte o sábado as 18:30 horas. Os colexiados encargados de dirixir o encontro serán os señores Luis Balboa Beiras e Manuel Delgado Iglesias.

Xornada de infarto a que lle espera o Agencia AM no último encontro de liga, ata catro descensos poden chegar a producirse na primeira división masculina por mor dos arrastres procedentes da liga EBA. As esperanzas do Baio pasan porque o Inelga de Vilagarcía gañe na casa fronte o CLN (xogan o sábado ás sete da tarde en Vilagarcía), mantendose así un ano máis na liga EBA; se esto ocorrese o Agencia AM debería gañar o seu encontro fronte o estudantes ou que o Peleteiro saíse derrotado na súa visita a cancha do Obradoiro (tamén xogan o sábado ás seis e media), para que o equipo baies se consolidase como equipo de 1ª Nacional.

O estudantes xa ten os seus obxetivos cumpridos e a novena praza da clasificación asegurada trala vitoria a semana pasada fronte o Recimil, o experimentado escolta Javi Pardo e o xove aleiro Oubiña son dous das referencias anotadoras do filial do equipo EBA. A lista de convocados para este encontro é:

Bases: Diego Calvo.
Escoltas: Diego Brandón?????? e Luis Villar.
Aleros: Pablo Juane, Juan Carracedo e David Deber.
Pivots: Ariel Esmoris, Diego Alvarez, Daniel Montero e Carlos Rodríguez.
ULTIMA HORA
O Agencia AM viaxará a Lugo moi mermado de efectivos
No adestramento do mércores Diego Brandón sufría unha escorcedura de nocello, tras pasar onte a noite polos servizos de urxencia do Hospital Santa Teresa o escolta Carballes ten cita hoxe co traumatólogo para evaluar o alcance da súa lesión. O que si é seguro é que non estará para o transcendental enfrontamento desta fin de semana contra o Estudiantes de Lugo, a baixa de Diego únense as de varios dos xogadores habituais do equipo vinculado do Culleredo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario