lunes, 25 de enero de 2010

Resultados do fin de semana






CRÓNICA EB CONCELLO DE ZAS
 CADETE FEMENINO
ARTAI –EB CONCELLO DE ZAS: 60 – 18 (22 – 2; 14 – 0; 15 – 6; 9 – 10)
ARTAI: Blanca Fuentes, 2 ptos; Natalia Bello, 18 ptos;Sofía Traba, 5 ptos; Marta Fernández, 10 ptos;Paula Queijo, 2 ptos; Zaira Pallas, 4 ptos;Iria Suárez, 9 ptos (1 tripla); Natalia Castro, 2 ptos;Noelia García, 2 ptos; Valeria Mancebo, 6 ptos; Alba Fidalgo, 0 ptos.
EB CONCELLO DE ZAS: Sandra, 6 ptos; Sabrina, 2 ptos; María, 2 ptos; Elena, 4 ptos; Carlota, 2 ptos – quinteto inicial – Cristina, 0 ptos; Carla, 0 ptos; Nerea, 2 ptos.
Partido aprazado correspondente a 1ª xornada debido o temporal.
Un inicio de partido no que Artai marchouse moi fácil no marcador aproveitando a total falta de concentración das xogadoras do equipo de Baio. Estas non entraron no partido ata despois do descanso, onde as de Artai relaxaronse ca vantaxe que levaban no marcador, permitindo que as Baio maquillaran un pouco o seu marcador.
Lamentar neste encontro as lesións tanto da xogadora de Artai Fidalgo, no xeonllo dereito, coma de Sabrina do equipo Zas, cun forte esguince na sua man dereita, que estarán temporalmente sin participar na competición.
En xeral, mal partido das xogadoras da EB Concello de Zas nun partido no que parecían moi aceleradas, errando continuamente nos pases teóricamente fáciles.


EB CONCELLO DE ZAS – ARTAI: 22 – 68 (0 – 18; 10 – 14; 4 – 20; 8 – 16)
EB CONCELLO DE ZAS: Sandra, 2 ptos; Nerea, 2 ptos; María, 6 ptos; Elena, 2 ptos; Carlota, 4 ptos – quinteto inicial – Cristina, 0 ptos; Carla, 0 ptos; Nazaret, 2 ptos; Andrea, 4 ptos.
ARTAI: Blanca Fuentes, 4 ptos;Natalia Bello, 18 ptos; Zaira Pallas, 4 ptos; Iria Suárez, 12 ptos ;Noelia García, 14 ptos – quinteto inicial -Paula Queijo, 8 ptos; Marta Fernández, 4 ptos;Natalia Castro, 4 ptos
Novo enfrentamento entre estos dous equipos despois de xogar no dia de onte, sábado, o partido de ida.
Novamente un pésimo inicio de partido por parte das xogadoras de Baio fixeron que o seu marcador non se estrenase ata o 2º cuarto, cando xa a diferencia rondaba os 20 ptos. Malas seleccións de pase, sobre todo, favorecían o xogo de contraataque de Artai, que sin facer unha gran presión provocaban o fallo nas xogadoras baiesas.
 INFANTIL MASCULINO-LIGA PROVINCIAL XORNADA 6
EB Concello de Zas, 20-BCA Monte das Moas, 29
 ALEVÍN MASCULINO-LIGA COMARCAL-XORNADA 4
EB Concello de Zas, 72-Xuventude Dubresa, 22
 BENXAMÍN MASCULINO-LIGA COMARCAL-XORNADA 4
EB Concello de Zas, 52-CEIP A Cristina, 2

No hay comentarios:

Publicar un comentario