martes, 19 de enero de 2010

Victoria do equipo cadete femenino

CADETE FEMENINO
EB CONCELLO DE ZAS – LARACHA SPORT PLANET: 55 – 38 (Parciais: 12 – 10; 14 – 12; 10 – 5; 19 – 11)

EB CONCELLO DE ZAS: Sandra, 12 ptos; Sabrina, 0 ptos; María, 19 ptos; ptos; Carlota, 12 ptos; Elena, 0 ptos – quinteto inicial – Andrea, 2 ptos; Nazaret, 10 ptos; Carla, 0 ptos; Cristina, 0 ptos.

Tralas vacacións de nadal e a xornada de descanso da semana anterior volvía a competir o equipo de Baio nun partido de rivalidade ante Laracha
Partido no que notouse a falta de competición durante o periodo vacacional e que estivo igualado ata o descanso onde o marcador era 26-22 favorable as de Baio, para empezar a despegarse no marcador no 3º cuarto e asegurarse o partido no último cuarto.
E necesario un maior esforzo na defensa, xa que todolos equipos contra os que se leva xogado están dispoñendo de moitas facilidades para anotar. As posibilidades de mellora pasan por aplicarse na defensa de noso par para evitar canastras fáciles, e facer axudas as compañeiras que se ven superadas polo seu par.
Por parte do equipo baiés destacar a boa labor tanto en defensa como en ataque de Sandra, o acerto de María no tiro e o traballo no rebote de Carlota e Nazaret.


Clasificación Jornada
Equipo P.J. P.G. P.P. P.F. P.C. PTO. R.
1 ARTAI 5 4 1 225 169 9 +1
2 AS TORRES MARIA PITA 6 3 3 286 239 9 -1
3 STA MARIA DEL MAR 4 4 0 239 112 8 +4
4 MARISTAS CORUÑA 5 3 2 276 174 8 -1
5 ESCOLA BALONCESTO CONCELLO ZAS 5 1 4 121 347 6 +1
6 MONTE MOAS BCA 4 1 3 200 158 5 -2
7 CONCELLO LARACHA SPORT PLANET 3 0 3 76 224 3 -3

No hay comentarios:

Publicar un comentario