lunes, 22 de febrero de 2010

Crónica da xornada



CADETE FEMENINO
EB CONCELLO DE ZAS - MARISTAS: 11 – 50 (Parciais: 0 – 12; 4 – 10; 3 – 12; 4 – 16)

EB CONCELLO DE ZAS: Sandra, 0 ptos; Cristina 0 ptos; Nerea, 0 ptos; María, 6 ptos; Carlota, 5 ptos – quinteto inicial – Andrea, 0 ptos; Carla, 0 ptos.

Partido con pouca historia para contar: moi boa defensa das rapazas de Baio durante todo o partido facendo novamente que o equipo contrario baixara na sua puntuación con respecto o partido de ida. (Recordar que o marcador na ida fora de 87 – 10). En ataque decir que a pesar de chegar a canastra de Maristas as rapazas de Baio non eran capaces de anotar, tendo merecido obter un marcador bastante superior os 11 puntos que reflexaba o seu marcador como pasou no partido de ida.
O equipo de Baio non volve a ter competición ata a xornada do 07 de marzo, en partido de rivalidade comarcal contra Laracha e último partido desta liga, xa que na próxima xornada correspondelle descansar.

INFANTIL
EB Concello de Zas,31-Los Rosales, 16
Victoria do equipo infantil no debut de Pablo Moreira como adestrador do equipo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario