lunes, 15 de febrero de 2010

Derrota do equipo cadete ante Santa María del Mar


STA MARIA DEL MAR - EB CONCELLO DE ZAS: 81 – 39 (Parciais: 18 –7; 16 – 15; 28 – 4; 19 – 13)

EB CONCELLO DE ZAS: Sandra, 2 ptos; Cristina, 0 ptos; Elena ,4 ptos; Nerea, 6 ptos; Carlota, 13 ptos – quinteto inicial – Nazaret, 7 ptos; Andrea, 0 ptos; Carla, 0 ptos; María 7 ptos.

Un inicio de partido no que os dous equipos parecían competir en fallos no tiro, indo por rachas cada un deles; así de arrancada o Sta Mª del Mar poñia de principio un marcador de 7 – 0 para dous minutos mais tarde estar 7 – 6 con opción de ponerse por diante o equipo de Zas, para no final do cuarto distanciarse o equipo coruñés de 11 puntos. No segundo cuarto continuou a igualdade no marcador, tendo un parcial a favor de Sta Mª del Mar por un só punto (16-15). Chegado o terceiro cuarto, no que normalmente consiguen millores resultados parciais as de Zas, nesta ocasión douse a debacle cun parcial que xa rompiu completamente o marcador e as opcions de seguir no partido para as rapazas de Baio (28-4). Si durante todo o partido a perda de balons nos pases estaba sendo mais alto do habitual, neste tercer cuarto foi o aspecto que marcou o resultado de forma crara. No último cuarto volveron a recuperar o nivel dos últimos encontros, conseguindo unha puntuación por riba dos 10 puntos.
Próxima xornada nº 12 (21/02):
E.B.Concello de Zas – Maristas
Pista: Pavillón municipal Baio
Hora: 17:00 h

No hay comentarios:

Publicar un comentario