miércoles, 15 de abril de 2009

Dobre xornada para o Agencia AM



Previa xornada 27 e 26 (aprazada)

Este sábado en Baio e o próximo luns na Coruña o Baio enfrontarse a dous rivais da parte alta da clasificación, no encontro correspondente a vixesimo sétima xornada da 1ª División masculina, o Agencia AM recibe o Sarria no municipal baies o sábado as 17:00 horas. Os colexiados encargados de dirixir o encontro serán os señores Emilio Carbajo Lorenzo e David Guillán Riveiro. Mentres o Luns no encontro aprazado correspondente a pasada xornada os homes de Jorge e Lee visitarán a polideportiva de Riazor para enfrontarse as 22:00 horas o Basquet Coruña, encontro que será dirixido polos colexiados Beatriz Martinez Vázquez e José Noya Rodríguez.

O Sarria cabalga na quinta praza da clasificación; os pupilos de Jorge Varela levan seis vitorias consecutivas e están a queimar os últimos cartuchos para intentar loitar pola cuarta praza da táboa que lles daría a clasificación para a fase final, por parte Baiesa esta na mente de todos o partido de ida, no que a vitoria escapouse nos derradeiros instantes do encontro para quedar en terras luguesas.

A anotación do conxunto sarriano está moi repartida polo que e difícil resaltar a algún xogador sobre o resto sen embargo a dirección sobre a pista do veterano base Rubén cortón, e un dos puntos clave dos lugueses.

O luns o Agencia AM visitan A Coruña para enfrontarse o BCA, o conxunto de Jaime Timiraos xa ten a clasificación para a fase final casi no peto, unha vitoria do Baio ou dos Coruñeses esta fin de semana clasificaría os Herculinos matematicamente. Os pupilos de Timiraos preséntanse coa mellor defensa da liga e cun equipo moi traballado onde destaca o seu gran talento físico. Tomé, Seara ou Darío son as referencias anotadoras do filial do Basquet Coruña de LEB Prata.

O Agencía AM afronta este encontro en positivo, trala vitoria fronte o La Salle, comezan a chegar as boas novas desde a enfermería, se a pasada xornada voltaba Luis Villar nesta Ariel e Deber poderían ser as “novas” incorporacións dos Baieses de cara a fin de semana completando así unha convocatoria que quedaría con:

Bases: Diego Calvo.

Escoltas: Diego Brandón, Luis Villar.

Aleros: Pablo Juane, Juan Carracedo, David Deber e Alvaro Fernandez.

Pivots: Ariel Esmoris, Diego Alvarez, Daniel Montero e Carlos Rodríguez.

Horarios para este fin de semana










HORARIOS DOS EQUIPOS DE EB CONCELLO DE ZAS

XORNADA 27

  • SENIOR-1ª NACIONAL:

Sábado 18 de abril: Agencia AM-CB Sarria, ás 17:00 no pavillón municipal de Baio

Xornada 26

Luns 20 de abril: Básquet Coruña-Agencia AM, ás 22:00 no pavillón de Riazor na Coruña

  • CADETE FEMENINO-SEGUNDA FASE XORNADA 9

Domingo 19 de abril: Galicia deCaranza- EB Concello de Zas, ás 17:00 no pavillón municipal de Esteiro

Saída de Baio ás 14:30 horas

  • INFANTIL MASCULINO

INFANTIL B-Liga comarcal-Xornada 10

Sábado 18 de abril: Xuventude Dubresa- EB Concello de Zas, ás 10:00 horas no pavillón municipal de Corcubión

Saída ás 9:00 horas dende Baio

Chegada ás 13:30

  • ALEVÍN -Liga Comarcal xornada 10

Sábado 18 de abril: CB Laracha- EB Concello de Zas, ás 11:00 horas no pavillón municipal de Corcubión

Saída ás 9:00 horas dende Baio

Chegada ás 13:30

  • BENXAMÍN MASCULINO-Liga Comarcal xornada 10

Sábado 18 de abril: Xuventude Dubresa- EB Concello de Zas, ás 10:00 horas no pavillón municipal de Cee

Saída ás 9:00 horas dende Baio

Chegada ás 13:30

lunes, 30 de marzo de 2009

Resultados dos equipos das Escolas de Baloncesto Concello de Zas











A décima xornada da liga da Costa da Morte xogouse o pasado sábado no pavillón municipal de Baio, con gran afluencia de aficionados nas gradas. A xornada comezaba ás dez da mañán e remataba ás dúas da tarde, catro horas nas que se xogaron sete partidos, seis oficiais e un amistoso.

Os resultados foron os seguintes:

ALEVÍN FEMENINO

Xuventude Dubresa, 28-Artai, 17

ALEVÍN MASCULINO
EB Concello de Zas, 22Artai B,36
CB Laracha,14Artai A,64

Xuventude Dubresa, 20-ACB Costa da Morte, 43

BENXAMÍN MASCULINO
EB Concello de Zas, 13-Artai, 36
CB Laracha,14-Artai,32

INFANTIL MASCULINO

EB Concello de Zas, 18-ACB Costa da Morte, 53

CADETE FEMENINO

EB Concello de Zas, 32-Compañía de María, 35




domingo, 29 de marzo de 2009

Victoria ante La Salle: 76 a 62


La victoria del Agencia AM en Baio ante el La Salle (76-62) romper una racha de diez derrotas consecutivas que sufrían los soneiráns. Los hombres de Jorge López se toman un respiro y pueden pensar en para evitar el descenso de Primera División Nacional de baloncesto cuando faltan cinco jornadas para finalizar la temporada.

Agencia AM:(76, 17 + 13 + 14 + 32): Brandón (3), Diego Calvo (2), Diego Álvarez (20), Carracedo (9), Pablo Juane (24) -equipo inicial- Luis Villar (14), Monti (4), Yago y Carlos.

La Salle (62, 16 + 19 + 7 + 20): Álvarez (18), Alfonso (18), Cao (9), Lorenzo (12), Lareo -inicial- García (2), González (4), A. Rodríguez y P. Rodríguez.

Árbitros : Antón Rodríguez y Herber Rodil. Bien.

Incidencias : Más público de lo habitual, con medio centenar de aficionados en Baio.

La primera parte fue la más igualada. Se llegó al descanso con 30-35. En el tercer acto, el marcaje de Luis Villar sobre el base Alfonso fue determinante, al igual que la aportación con el tiro exterior de Juane y del juego interior de Diego Álvarez. El partido no se resolvió hasta la parte final. Los baieses sacaron cuatro puntos de ventaja (60-56) y llegaron al final con esa diferencia: 76-62.

miércoles, 25 de marzo de 2009

Gañar ou gañar ante La Salle

AGENCIA AM

Previa xornada 25

Vixésima quinta xornada da 1ª División masculina. O Agencia AM recibe o sábado as 17:00 horas no polideportivo Municipal de Baio o La Salle de Santiago. Os colexiados encargados de dirixir o encontro serán os señores Antón Rodríguez Iglesias y Herber Rodil Ferreiro.

O equipo Baies con todas as alarmas prendidas afronta un encontro clave para as súa loita pola permanencia. Atendendo a clasificación, onde o La Salle ocupa o farolillo vermello cunha vitoria no seu haber, o partido desta xornada fronte o cadro santiagués debería caer en favor do Agencia AM, sen embargo a situación do plantel onde so Diego Brandón, Juan Carracedo, Pablo Juane e Diego Alvarez son seguros de cara o fin de semana, pon en serios aprietos o conxunto Baies que tirará dos xogadores vinculados do Culleredo para completar a convocatoria. Os aleiros Alfonso Castro e Jose Lorenzo Rivadulla e o xoven ala pivot Ramón Alvarez son as referencias anotadoras do equipo dirixido por Miguel Gómez.

Para este encontro os adestradores do Agencia AM contarán con:

Bases: Diego Calvo¿?, Iago Dopazo.

Escoltas: Diego Brandón.

Aleros: Pablo Juane, Juan Carracedo e David Deber¿?

Pivots: Diego Alvarez e Daniel Montero.

Horarios dos equipos das Escolas de Baloncesto Concello de Zas


HORARIOS DOS EQUIPOS DE EB CONCELLO DE ZAS


XORNADA 24



  • SENIOR-1ª NACIONAL:

Sábado 28 de marzo: Agencia AM-La Salle, ás 17:00 no pavillón municipal de Baio



  • CADETE FEMENINO-SEGUNDA FASE XORNADA 8

Domingo 29 de marzo: EB Concello de Zas-EB Monte das Moas, ás 10:30 no pavillón municipal de Baio



  • INFANTIL MASCULINO

INFANTIL B-Liga comarcal-Xornada 10


Sábado 28 de marzo: EB Concello de Zas-Gesthirundo Costa da Morte, ás 12:00 horas



  • ALEVÍN -Liga Comarcal xornada 10

Sábado 28 de marzo: Concello de Zas-Artai B-Pista 2, ás 12:00 horas no pavillón municipal de Baio



  • BENXAMÍN MASCULINO-Liga Comarcal xornada 10

Sábado 28 de marzo: Artai-EB Concello de Zas, ás 13:00 horas no pavillón municipal de Baio

martes, 17 de marzo de 2009

Dous partidos en tres días para os de Jorge López

Previa xornada 17 e 24

O Agencia AM aborda en quince días tres enfrontamentos vitais para o seu obxectivo de salvar a categoría. O primeiro de eses partidos será este xoves as 18:30 fronte o Peleteiro na cancha do conxunto Santiagués e tratase do encontro correspondente a xornada dezasete, xornada que foi aprazada no seu momento por mor dun temporal; o outro rival desta semana tratase trátase do Rosalia e celebrarse o sábado as 19:00 na pista do equipo colexial.

O Peleteiro presentase cun poderoso xogo interior e a aportación do aleiro David Pazo que se mostra como o máximo anotador do conxunto dirixido por Fran Varela, que actualmente está na decimo cuarta posición da clasificación e sen dubida o seu obxectivo será subir postos na tabla xa que o ano pasado o equipo de Santiago descendeu ocupando a decimo terceira praza debido os arrastres da liga EBA, aínda que as vacantes da liga FEB permitíronlle manter a categoría.

O Rosalia como decimo primeiro clasificado está situado nunha posición máis tranquila, con dúas vitorias por riba do Agencia AM. O plantel que dirixe Basilio Pampín está configurado por un grupo de xogadores moi xoves que son a base do conxunto que o club compostelá inscribiu na competición sub 20 da Federación Española de Baloncesto e que alternan con equipo de LEB ouro; Posse, Vargas Soucek, Brantuas, Agostiño, Mallo, Diego Blanco, Anton... son algúns dos homes importantes dun equipo cun gran talento físico onde ata sete xogadores rondan os dez puntos de media por encontro.

Manter o nivel defensivo das últimas xornadas e non cometer erros parecen as claves dos baieses para acadar a vitoria nestes encontros. Os técnicos do Agencia AM estarán cun ollo na enfermería e coa esperanza de que os esforzos que se están a facer para recuperar os xogadores lesionados xurdan efecto, descartado Fernando e coa dubida de Ariel, parece que Pablo Juane problamente, aún con molestias, poderá estar cos seus compañeiros, e tanto Xavi, Diego Brandon, e Diego Calvo evolucionan favorablemente dos seus nocellos, a convocatoria para esta semana será:

Bases: Xavi Suarez, Diego Calvo, Iago Dopazo.
Escoltas: Diego Brandón, Luis Villar.
Aleros: Pablo Juane, David Deber e Juan Carracedo.
Pivots: Diego Alvarez, Daniel Montero e Ariel Esmoris ¿?.