martes, 17 de marzo de 2009

Dous partidos en tres días para os de Jorge López

Previa xornada 17 e 24

O Agencia AM aborda en quince días tres enfrontamentos vitais para o seu obxectivo de salvar a categoría. O primeiro de eses partidos será este xoves as 18:30 fronte o Peleteiro na cancha do conxunto Santiagués e tratase do encontro correspondente a xornada dezasete, xornada que foi aprazada no seu momento por mor dun temporal; o outro rival desta semana tratase trátase do Rosalia e celebrarse o sábado as 19:00 na pista do equipo colexial.

O Peleteiro presentase cun poderoso xogo interior e a aportación do aleiro David Pazo que se mostra como o máximo anotador do conxunto dirixido por Fran Varela, que actualmente está na decimo cuarta posición da clasificación e sen dubida o seu obxectivo será subir postos na tabla xa que o ano pasado o equipo de Santiago descendeu ocupando a decimo terceira praza debido os arrastres da liga EBA, aínda que as vacantes da liga FEB permitíronlle manter a categoría.

O Rosalia como decimo primeiro clasificado está situado nunha posición máis tranquila, con dúas vitorias por riba do Agencia AM. O plantel que dirixe Basilio Pampín está configurado por un grupo de xogadores moi xoves que son a base do conxunto que o club compostelá inscribiu na competición sub 20 da Federación Española de Baloncesto e que alternan con equipo de LEB ouro; Posse, Vargas Soucek, Brantuas, Agostiño, Mallo, Diego Blanco, Anton... son algúns dos homes importantes dun equipo cun gran talento físico onde ata sete xogadores rondan os dez puntos de media por encontro.

Manter o nivel defensivo das últimas xornadas e non cometer erros parecen as claves dos baieses para acadar a vitoria nestes encontros. Os técnicos do Agencia AM estarán cun ollo na enfermería e coa esperanza de que os esforzos que se están a facer para recuperar os xogadores lesionados xurdan efecto, descartado Fernando e coa dubida de Ariel, parece que Pablo Juane problamente, aún con molestias, poderá estar cos seus compañeiros, e tanto Xavi, Diego Brandon, e Diego Calvo evolucionan favorablemente dos seus nocellos, a convocatoria para esta semana será:

Bases: Xavi Suarez, Diego Calvo, Iago Dopazo.
Escoltas: Diego Brandón, Luis Villar.
Aleros: Pablo Juane, David Deber e Juan Carracedo.
Pivots: Diego Alvarez, Daniel Montero e Ariel Esmoris ¿?.





No hay comentarios:

Publicar un comentario