miércoles, 15 de abril de 2009

Dobre xornada para o Agencia AM



Previa xornada 27 e 26 (aprazada)

Este sábado en Baio e o próximo luns na Coruña o Baio enfrontarse a dous rivais da parte alta da clasificación, no encontro correspondente a vixesimo sétima xornada da 1ª División masculina, o Agencia AM recibe o Sarria no municipal baies o sábado as 17:00 horas. Os colexiados encargados de dirixir o encontro serán os señores Emilio Carbajo Lorenzo e David Guillán Riveiro. Mentres o Luns no encontro aprazado correspondente a pasada xornada os homes de Jorge e Lee visitarán a polideportiva de Riazor para enfrontarse as 22:00 horas o Basquet Coruña, encontro que será dirixido polos colexiados Beatriz Martinez Vázquez e José Noya Rodríguez.

O Sarria cabalga na quinta praza da clasificación; os pupilos de Jorge Varela levan seis vitorias consecutivas e están a queimar os últimos cartuchos para intentar loitar pola cuarta praza da táboa que lles daría a clasificación para a fase final, por parte Baiesa esta na mente de todos o partido de ida, no que a vitoria escapouse nos derradeiros instantes do encontro para quedar en terras luguesas.

A anotación do conxunto sarriano está moi repartida polo que e difícil resaltar a algún xogador sobre o resto sen embargo a dirección sobre a pista do veterano base Rubén cortón, e un dos puntos clave dos lugueses.

O luns o Agencia AM visitan A Coruña para enfrontarse o BCA, o conxunto de Jaime Timiraos xa ten a clasificación para a fase final casi no peto, unha vitoria do Baio ou dos Coruñeses esta fin de semana clasificaría os Herculinos matematicamente. Os pupilos de Timiraos preséntanse coa mellor defensa da liga e cun equipo moi traballado onde destaca o seu gran talento físico. Tomé, Seara ou Darío son as referencias anotadoras do filial do Basquet Coruña de LEB Prata.

O Agencía AM afronta este encontro en positivo, trala vitoria fronte o La Salle, comezan a chegar as boas novas desde a enfermería, se a pasada xornada voltaba Luis Villar nesta Ariel e Deber poderían ser as “novas” incorporacións dos Baieses de cara a fin de semana completando así unha convocatoria que quedaría con:

Bases: Diego Calvo.

Escoltas: Diego Brandón, Luis Villar.

Aleros: Pablo Juane, Juan Carracedo, David Deber e Alvaro Fernandez.

Pivots: Ariel Esmoris, Diego Alvarez, Daniel Montero e Carlos Rodríguez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario