lunes, 10 de mayo de 2010

Derrota do equipo cadete ante Betanzos

GAYOLO BEGACAR - EB CONCELLO DE ZAS: 47 – 29
(Parciais: 10 – 4; 15 – 8; 12 – 6; 10 – 11)
EB CONCELLO DE ZAS: Nazaret, 11 ptos; Sabrina, 0 ptos; María, 4 ptos; Cristina, 0 ptos; Nerea, 8 ptos – quinteto inicial – Elena, 0 ptos; Carlota, 6 ptos.
Nunca se comenta sobre o arbitraxe dos partidos pero neste caso foi pésimo, sendo dende logo o peor do que vai da temporada. De todas formas non é desculpa para o mal partido das rapazas de Baio que mereceron a derrota, pero que quizá non fora cunha vantaxe tan alta a favor das rapazas de Betanzos (18 puntos). Moitos fallos no tiro a canastra para un equipo que quere loitar por estar nos postos altos da táboa.
O certo é, que o equipo non se atopou cómodo xogando ante a defensa individual de Betanzos ata o último cuarto, onde conseguiron nos tres primeiros minutos un parcial de 0 – 6, a partir dun bó traballo defensivo e, a pesar de que tanto María como Nerea tiñan 4 faltas neste cuarto; este inicio obrigou a pedir un tempo morto o adestrador de Betanzos para que o seu equipo correxira os erros que estaban a cometer nese momento, xa que a vantaxe empezaba a recortarse, polo que o final as rapazas de Baio conseguiron gañar este cuarto por un só punto.
Próxima xornada (15/09/05): Culleredo – Concello de Zas.

jueves, 6 de mayo de 2010

Horarios para este fin de semana


Dous partidos para os equipos das Escolas de Baloncesto do Concello de Zas. Destacar ó equipo cadete, que tras dúas xornadas leva dúas victorias e camiña con paso firme nests segunda fase da liga. Moi bo o traballo que está a facer Trillo coas xogadoras baiesas


CADETE FEMENINO


Gayolo Betanzos-EB Concello de Zas, o sábado 8 de maio ás 12:15 no pavillón municipal de Betanzos.

Saída do bus: 10:00


INFANTIL MASCULINO


EB Concello de Zas-Valle Inclán, o domingo 9 de maio ás 12:30 no pavillón de Elviña I da Coruña


Saída de Baio : 10:45 horas

martes, 4 de mayo de 2010

Victoria in extremis do equipo cadete femenino



EB CONCELLO DE ZAS – LARACHA SPORT PLANET: 34 – 32 (Parciais: 6 – 8; 7 – 2; 9 – 11; 13 – 10)

EB CONCELLO DE ZAS: Nazaret, 6 ptos; Sabrina, 0 ptos; María, 6 ptos; ptos; Carlota, 0 ptos; Nerea, 16 ptos – quinteto inicial – Andrea, 0 ptos; Elena, 0 ptos; Carla, 0 ptos.
Primeiro partido disputado na sua casa nesta 2º liga na que participa o equipo de Zas, e primeira victoria ante un rival co cal xa se enfrentara na 1ª liga.
Partido moi intenso e con un marcador moi apretado onde as máximas vantaxes no marcador non superaron os cinco puntos o longo do encontro.
Na defensa non podemos destacar a ningunha, senón a todas, xa que todas cumpriron con creces e a victoria empezou por ese gran traballo. No ataque cometeron moitas imprecisións no tiro. Destacar, de todas formas nesta faceta do ataque, o magnífico partido de Nerea con 16 puntos, é a Nazaret, xa que no último segundo tivo a tranquilidade necesaria para anotar os dous tiros libres que deron a victoria o equipo de Zas.
No primeiro cuarto o acerto de Laracha no ataque permitiulle acabar gañando este cuarto para no segundo sair gañadoras as de Zas cun marcador onde se reflexa o gran traballo na defensa conseguindo que o equipo visitante quedarase en tan só dous puntos. Tralo descanso Laracha reaccionou é en tan só dous minutos xa se poñían por diante no marcador novamente. Reaccionaron as rapazas de Zas, e cun gran traballo defensivo conseguiron que no final deste cuarto o marcador fora favorable a elas por tan só un punto (22-21). Iniciase o último cuarto con todo por decidir e no seu inicio parece que pode sacar vantaxe o equipo local, pero ante a falla de acerto no ataque (unha gran cantidade de fallos no tiro) o equipo de Laracha foi quen de chegar a empatar o partido antes de entrar no último minuto. Tras un ataque do equipo de Zas fallado faltando 10 segundos, Laracha sae en contraataque fallando a entrada e na loita polo rebote pitanlle falta sobre a xogadora local Nazaret, quedando tan só un segundo para o final do partido. Nazaret vaise a línea de tiros libres (tiña xa mais de catro faltas de equipo Laracha) convertendo os dous. Tempo morto que aproveita Laracha para sacar de centro do campo, pero o equipo de Zas, despois de estar todo o partido con defensa en zona, cambia a unha individual para impedir un tiro cómodo, conseguindo forzar o pase e recuperando o balón, rematando o partido con esa victoria de tan só dous puntos.
Próxima xornada (08/09-05): Gayolo Betanzos – Concello de Zas

jueves, 29 de abril de 2010

So hai un partido esta semana

Xa queda menos para o remte desta temporada. Este fin de semana so hai un partido, o que disputan as xogadoras cadetes o domingo, o día da Nai. O encontro terá lugar no pavillón municipal de Baio ás 12:00 ante o Concello de A Laracha Sport Planet
Posted by Picasa

jueves, 22 de abril de 2010

Partidos para este fin de semana




Cadete femenino


EB Concello de zas-Descansa


Infantil masculino:


EB Concello de Zas-IES Monelos, o sábado ás 16:15 no pavillón da Sardiñeira da Coruña


Saída de Baio: 14:45 en coches.


Alevín masculino


EB Concello de Zas- Descansa


Benxamín:


EB Concello de Zas-CEIP A Cristina, o martes 27 de abril ás 19:00 no pavillón de Baio

martes, 20 de abril de 2010

Crónica do fin de semana


Cadete femenino-Liga provincial- Segunda fase-Grupo A·3

As Torres María Pita, 0-EB Concello de Zas, 20

Poderíase pensar que o equipo local non acudiu ó partido dado o resultado, pero sí que estaba. Tamén se podería pensar que non tiña a todas as xogadoras, pero Calvelo tiña o equipo para xogar. O que pasou e que o equipo local olvidouse de resevar a pista para xogar o partido polo cal os árbitros decidiron dar como vencedor ó equipo de Trillo. A directiva local tratou de buscar un pavillón para xogar o partido pero non lles foi posible.

Para ver a clasificación, pincha aquí

Infantil masculino-Liga provincial-2ª división-

CBC,41-EB Concello de Zas, 24

Bo partido dos xogadores de Pablo, pero está claro que para ter ventaxa neste deporte hai que ser alto, carencia dos nosos xogadores, que se viron impotentes ante a superioridade física dos de Culleredo.

Clasificación



Alevín masculino-Liga comarcal


CB Laracha, 60 EB Concello de Zas, 44



Benxamín-Liga comarcal


CB Laracha, 16-EB Concello de Zas, 60

jueves, 15 de abril de 2010

Horarios para este fin de semana

Deixo aquí o horario para este fin de semana. Ollo, pola comida das fías, que se celebra mañán, non hai entreno nin o venres, nin o luns, nin o martes. Os entrenos reanudanse o mércores para o equipo cadete femenino



Cadete femenino
As Torres María Pita-EB Concello de Zas, sábado 18 ás 12:30 en Valle Inclán
Saída de Baio ás 11:00 horas en bus


Infantil masculino
EB Concello de Zas-CBC, o sábado 18 de abril ás 17:15 no pavillón da Sardiñeira da Coruña
Saída de Baio ás 15:45 en coches.


Alevín masculino-Liga comarcal-Xornada 10

CB Laracha-EB Concello de Zas, o sábado 18 de abril ás 11:55 no IES Parga Pondal

Saída do bus ás 10:00 horas

Chegada ás 13:30


Benxamín-Liga comarcal-Xornada 10

CB Laracha-EB Concello de Zas, o sábado 18 de abril ás 10:50 no IES Parga Pondal

Saída do bus ás 10:00 horas

Chegada ás 13:30