lunes, 10 de mayo de 2010

Derrota do equipo cadete ante Betanzos

GAYOLO BEGACAR - EB CONCELLO DE ZAS: 47 – 29
(Parciais: 10 – 4; 15 – 8; 12 – 6; 10 – 11)
EB CONCELLO DE ZAS: Nazaret, 11 ptos; Sabrina, 0 ptos; María, 4 ptos; Cristina, 0 ptos; Nerea, 8 ptos – quinteto inicial – Elena, 0 ptos; Carlota, 6 ptos.
Nunca se comenta sobre o arbitraxe dos partidos pero neste caso foi pésimo, sendo dende logo o peor do que vai da temporada. De todas formas non é desculpa para o mal partido das rapazas de Baio que mereceron a derrota, pero que quizá non fora cunha vantaxe tan alta a favor das rapazas de Betanzos (18 puntos). Moitos fallos no tiro a canastra para un equipo que quere loitar por estar nos postos altos da táboa.
O certo é, que o equipo non se atopou cómodo xogando ante a defensa individual de Betanzos ata o último cuarto, onde conseguiron nos tres primeiros minutos un parcial de 0 – 6, a partir dun bó traballo defensivo e, a pesar de que tanto María como Nerea tiñan 4 faltas neste cuarto; este inicio obrigou a pedir un tempo morto o adestrador de Betanzos para que o seu equipo correxira os erros que estaban a cometer nese momento, xa que a vantaxe empezaba a recortarse, polo que o final as rapazas de Baio conseguiron gañar este cuarto por un só punto.
Próxima xornada (15/09/05): Culleredo – Concello de Zas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario