martes, 4 de mayo de 2010

Victoria in extremis do equipo cadete femenino



EB CONCELLO DE ZAS – LARACHA SPORT PLANET: 34 – 32 (Parciais: 6 – 8; 7 – 2; 9 – 11; 13 – 10)

EB CONCELLO DE ZAS: Nazaret, 6 ptos; Sabrina, 0 ptos; María, 6 ptos; ptos; Carlota, 0 ptos; Nerea, 16 ptos – quinteto inicial – Andrea, 0 ptos; Elena, 0 ptos; Carla, 0 ptos.
Primeiro partido disputado na sua casa nesta 2º liga na que participa o equipo de Zas, e primeira victoria ante un rival co cal xa se enfrentara na 1ª liga.
Partido moi intenso e con un marcador moi apretado onde as máximas vantaxes no marcador non superaron os cinco puntos o longo do encontro.
Na defensa non podemos destacar a ningunha, senón a todas, xa que todas cumpriron con creces e a victoria empezou por ese gran traballo. No ataque cometeron moitas imprecisións no tiro. Destacar, de todas formas nesta faceta do ataque, o magnífico partido de Nerea con 16 puntos, é a Nazaret, xa que no último segundo tivo a tranquilidade necesaria para anotar os dous tiros libres que deron a victoria o equipo de Zas.
No primeiro cuarto o acerto de Laracha no ataque permitiulle acabar gañando este cuarto para no segundo sair gañadoras as de Zas cun marcador onde se reflexa o gran traballo na defensa conseguindo que o equipo visitante quedarase en tan só dous puntos. Tralo descanso Laracha reaccionou é en tan só dous minutos xa se poñían por diante no marcador novamente. Reaccionaron as rapazas de Zas, e cun gran traballo defensivo conseguiron que no final deste cuarto o marcador fora favorable a elas por tan só un punto (22-21). Iniciase o último cuarto con todo por decidir e no seu inicio parece que pode sacar vantaxe o equipo local, pero ante a falla de acerto no ataque (unha gran cantidade de fallos no tiro) o equipo de Laracha foi quen de chegar a empatar o partido antes de entrar no último minuto. Tras un ataque do equipo de Zas fallado faltando 10 segundos, Laracha sae en contraataque fallando a entrada e na loita polo rebote pitanlle falta sobre a xogadora local Nazaret, quedando tan só un segundo para o final do partido. Nazaret vaise a línea de tiros libres (tiña xa mais de catro faltas de equipo Laracha) convertendo os dous. Tempo morto que aproveita Laracha para sacar de centro do campo, pero o equipo de Zas, despois de estar todo o partido con defensa en zona, cambia a unha individual para impedir un tiro cómodo, conseguindo forzar o pase e recuperando o balón, rematando o partido con esa victoria de tan só dous puntos.
Próxima xornada (08/09-05): Gayolo Betanzos – Concello de Zas

No hay comentarios:

Publicar un comentario