domingo, 14 de noviembre de 2010

Derrota do equipo junior na primeira xornada de liga

CONCELLO DE ZAS – COMPAÑIA DE MARIA: 19 – 26 (6 – 2; 4 – 10; 3 – 6;

6 – 8) (Acumulado: 6 - 2; 10 - 12; 13 - 18; 19 – 26)

CONCELLO DE ZAS: Patricia, 0 ptos; Carlota, 4 ptos; María, 1 pto; Nazaret, 2 ptos; Sabrina, 0 ptos – quinteto inicial – Nerea, 6 ptos; Carla, 0 ptos; Elena, 4 ptos; Sandra, 2 ptos; Lucía: 0 ptos; Sara: 0 ptos.

Árbitros: Torres e Carretero. Non influiron no resultado.

Primeiro partido de liga nunha nova categoría para as rapazas de Baio, agora como juniors, e primeiro partido na casa na presente tempada.

Partido cun marcador baixo debido a gran cantidade de fallos no tiro de ambolos dous equipos.

Un primeiro cuarto no que o equipo de Zas conseguía poñerse por diante no marcador cun xogo fácil, a pesar de cometer moitos erros nas entradas a canastra, aproveitando tamén o desacerto do equipo visitante. Pero no segundo cuarto o desacerto foi maior por parte do equipo de casa, fallando nos pases o cal permitiulle o equipo de Compañía facer contraataques fáciles e chegar o descanso cunha vantaxe de dous puntos. No terceiro cuarto mais do mesmo, xogando moi aceleradas as rapazas de Baio, tendo mala selección de tiro e un último cuarto no que o xogo foi moi bronco, seguindo cos mesmos erros que nos cuartos anteriores.

Neste último cuarto destacar no aspecto negativo que foi expulsada do partido a xogadora local Sara por propinarlle un empuxón a unha xogadora contraria cando o balón estaba parado en resposta a unha provocación que non viron os árbitros. Esto non exime a xogadora de que fora merecida a sua expulsión.

Próxima xornada: 21/11/10

Gasóleos Rial Carballo Basket – Concello de Zas

jueves, 4 de noviembre de 2010

Comeza a actividade para os equipos de Baio

Posted by Picasa


HORARIO DE PARTIDOS E CONVOCATORIAS PARA O FIN DE SEMANA
• • PARTIDO AMISTOSO CADETE FEMENINO
CB Artai-EB Baio, sábado 6 de novembro ás 12:00 horas no pavillón do colexio Artai de Carballo
• • PARTIDO AMISTOSO INFANTIL MASCULINO
CB Artai B-EB BAIO, o sábado 6 de novembro ás 10:30 no pavillón do colexio Artai de Carballo

jueves, 14 de octubre de 2010

O venres reunión cos pais dos xogadores

Arranca a temporada 2010/2011 para os equipos das Escolas de Baloncesto de Baio. Mañán, venres día 15 de outubro, ás 21:00 horas, terá lugar no Auditorio Municipal de Baio a reunión da directiva do club cos pais dos xogadores,, así como de todolos xogadores que queiran particpar esta temporada nos distintos equipos que se formen

lunes, 7 de junio de 2010

Derrota do equipo cadete en A Laracha

LARACHA SPORT PLANET–EB CONCELLO DE ZAS: 38 – 29 (14 – 8; 12 – 2; 10 – 4; 2 – 15)

EB CONCELLO DE ZAS: Cristina, 0 ptos; Sabrina, 0 ptos; María, 14 ptos; Nazaret, 9 ptos; Carlota, 6 ptos – quinteto inicial – Elena, 0 ptos; Andrea, 0 ptos.
Partido de rivalidade comarcal entre dous equipos que están a disputar, xunto con Gayolo Betanzos, os postos do 2º o 4º nesta liga.
Partido no que no primeiro cuarto rematou cunha pequena vantaxe a favor de Laracha. Pero no segundo e terceiro cuarto desapareceu o equipo de Zas, moi desacertadas no tiro e sobre todo no pase, conseguindo Laracha chegar o inicio do último cuarto cunha vantaxe de 22 puntos. A pesar do marcador, as rapazas de Zas sairon neste último cuarto a lograr un resultado mais favorable no caso de empate na clasificación final da liga. E demostraron que, cando queren poden, xa que case consiguen a sorpresa; tal e como estaba o marcador no inicio deste cuarto, con 22 puntos abaixo, e xogando da forma que o estaban facendo, parecía imposible que poideran acercarse no marcador; pero a partir dunha defensa forte comezaron a recortar puntos, conseguindo deixar en tan só dous puntos o equipo de Laracha, mentres que o desacerto no tiro en ataque non permitiu culminar a remontada. Finalmente a diferencia quedou en 9 puntos, pero ca sensación de que se puido chegar a algo mais. Serviu este último cuarto para facerlle ver as rapazas de Zas, que a partir dunha boa defensa pódense alcanzar metas que en principio pensas que non se poden alcanzar.

domingo, 6 de junio de 2010

Xornada de clausura para as escolas de baloncesto


Xornada de clausura para tres dos equipos das Escolas de Baloncesto Concello de Zas. Na xornada do venres participaron os equipos benxamín, alevín e infantil. Para a clausura viñeron os tres equipos do CB Artai.
Bo ambinete no pavillón de Baio e estes foron os resultados:

Benxamín: EB Concello de Zas, 33-CB Artai,30

Alevín: EB Concello de Zas,33-CB Artai, 62

Infantil: EB Concello de Zas, 24-CB Artai, 42

jueves, 3 de junio de 2010

Último partido como visitante para as xogadoras de Trillo

O equipo cadete femenino afronta o seu último partido fóra de Baio da temporada. As xogadoras de Trillo viaxan o domingo a Laracha para medirse ante o equipo de Jesús

Clasificación Jornada
Equipo P.J. P.G. P.P. P.F. P.C. PTO. R.
1 GAYOLO BEGACAR 6 4 2 250 235 10 +3
2 AS TORRES MARIA PITA 4 4 0 258 136 8 +4
3 ESCOLA BALONCESTO CONCELLO ZAS 5 3 2 147 175 8 -1
4 CONCELLO LARACHA SPORT PLANET 5 2 3 175 160 7 -3
5 C.B. CULLEREDO 6 0 6 145 269 6 -6

Próxima Jornada 9 06/06/2010
GAYOLO BEGACAR - AS TORRES MARIA PITA - 06/06/2010 17:00
CONCELLO LARACHA SPORT PLANET - ESCOLA BALONCESTO CONCELLO ZAS - 06/06/2010 12:00

miércoles, 2 de junio de 2010

Clausura das actividades

O vindeiro venres, día 4 de xuño, os equipos do CB Artai participarán nunha xornada deportiva no pavillón municipal de Baio. Será a clausura das actividades dos equipos de base do EB Concello de Zas.
O horario da xornada é o seguinte:

18:00-Partido benxamín: EB Concello de Zas-CB Artai na pista 1

18:00-Partido alevín: EB Concello de Zas-CB Artai, na pista 2

19:00-Partido infantil masculino: EB Concello de Zas-CB Artai