domingo, 14 de noviembre de 2010

Derrota do equipo junior na primeira xornada de liga

CONCELLO DE ZAS – COMPAÑIA DE MARIA: 19 – 26 (6 – 2; 4 – 10; 3 – 6;

6 – 8) (Acumulado: 6 - 2; 10 - 12; 13 - 18; 19 – 26)

CONCELLO DE ZAS: Patricia, 0 ptos; Carlota, 4 ptos; María, 1 pto; Nazaret, 2 ptos; Sabrina, 0 ptos – quinteto inicial – Nerea, 6 ptos; Carla, 0 ptos; Elena, 4 ptos; Sandra, 2 ptos; Lucía: 0 ptos; Sara: 0 ptos.

Árbitros: Torres e Carretero. Non influiron no resultado.

Primeiro partido de liga nunha nova categoría para as rapazas de Baio, agora como juniors, e primeiro partido na casa na presente tempada.

Partido cun marcador baixo debido a gran cantidade de fallos no tiro de ambolos dous equipos.

Un primeiro cuarto no que o equipo de Zas conseguía poñerse por diante no marcador cun xogo fácil, a pesar de cometer moitos erros nas entradas a canastra, aproveitando tamén o desacerto do equipo visitante. Pero no segundo cuarto o desacerto foi maior por parte do equipo de casa, fallando nos pases o cal permitiulle o equipo de Compañía facer contraataques fáciles e chegar o descanso cunha vantaxe de dous puntos. No terceiro cuarto mais do mesmo, xogando moi aceleradas as rapazas de Baio, tendo mala selección de tiro e un último cuarto no que o xogo foi moi bronco, seguindo cos mesmos erros que nos cuartos anteriores.

Neste último cuarto destacar no aspecto negativo que foi expulsada do partido a xogadora local Sara por propinarlle un empuxón a unha xogadora contraria cando o balón estaba parado en resposta a unha provocación que non viron os árbitros. Esto non exime a xogadora de que fora merecida a sua expulsión.

Próxima xornada: 21/11/10

Gasóleos Rial Carballo Basket – Concello de Zas

No hay comentarios:

Publicar un comentario