miércoles, 4 de marzo de 2009

Só vale a victoria en Villalba


Previa xornada 22

Vixésimo segunda xornada da 1ª División masculina. O Agencia AM visita a Cancha do Hotel Villamartin Villalba o sábado as 19:00 h. no polideportivo Municipal. Os colexiados encargados de dirixir o encontro serán os señores Luis Balboa Beiras e Miguel Angel Cabo Ben.

Non paran de chegar as malas novas para o Agencia AM e que os seus adestradores teñen que estar moi pendentes da enfermería do equipo Baies, a pasada semana Jorge e Lee so podían contar con cinco xogadores da primeira plantilla, pero para este encontro non parecen mellorar moito as cousas, a baixa definitiva de Miguel Juane sumase agora a de Fernando Martinez que está pendente de pasar polo quirófano para reparar o seu ombro tocado, Xavi e Diego Brandón mantéñense no dique seco por sendas escordeduras de nocellos, e David Deber e Pablo Juane estarán de viaxe por motivos profesionais. Sen embargo isto non pode ser escusa para o conxunto de Zas xa que unha derrota esta fin de semana poñeríao nunha situación moi complicada.

Ocupando a decimo quinta praza da clasificación o conxunto Vilalbés non acaba de atopar o seu xogo, co peor ataque e a peor defensa da liga no que a números se refire o equipo de Julia Pena a sufrido moitos cambios desde o comezo da temporada coa entrada e saída de varios xogadores. O ala-pivot Alberto Fernandez “Fris” parece o xogador máis en forma do conxunta da terra dos capóns, pero non é o único xogador perigoso, o base Quique López ou os pivots José Otero e Oscar Rodriguez poden ser algúns dos homes importantes dun rival que a logrado tódalas súas vitorias como local.

Estar ben atrás sen cometer erros nin despistes, e saír centrados desde o inicio do encontro parecen as claves que marcan os adestradores do Baio para loitar pola vitoria nun encontro onde os convocados serán:

Bases: Diego Calvo e Xavi Suarez ¿?.
Escoltas: Luis Villar e Diego Brandon ¿?.
Aleros: Juan Carracedo.
Pivots: Ariel Esmoris, Diego Alvarez e Daniel Montenegro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario