martes, 30 de noviembre de 2010

Primeira victoria do equipo junior de Trillo de derrota dos infantiles de Pablo


CONCELLO DE ZAS – BCA CASTROS: 29 – 20

(1 – 3; 14 – 7; 6 – 6;8 – 4)

(Acumulado: 1 - 3; 15 - 10; 21 - 16; 29 – 20)

CONCELLO DE ZAS: Patricia, 1 ptos; Carlota, 10 ptos; María, 10 ptos; Nazaret, 3 ptos; Sabrina, 0 ptos – quinteto inicial – Nerea, 1 pto; Carla, 0 ptos; Elena, 0 ptos; Sandra, 4 ptos.

Árbitros: Os árbitros designados polo comité non acudiron a ningún dos dous encontros que tiñan que pitar o domingo pola maña, tanto en Cee, na categoría cadete feminina, como en Baio, na categoría junior feminina. Sí acudiron os partidos as dúas persoas designadas como mesa para ditos encontros.

Os arbitraxes, co acordo dos equipos visitantes, foron feitos por parte de membros dos dous equipos locais.

Primeira victoria para o equipo de Baio ante un equipo que vai ser da sua liga na presente tempada.

Partido cun marcador baixo debido o frío que facía na maña do domingo que orixinou gran cantidade de fallos no tiro de ambolos dous equipos.

Un primeiro cuarto no que, coma xa se indicou antes, notabase o frío porque ningún dos dous equipos foi quén de irse no marcador e o baixo acerto no tiro dou lugar a un parcial neste cuarto moi baixo, de 1 – 3.No segundo cuarto os marcadores dos dous equipos xa foron a unha anotación mais normal dun partido de baloncesto, e onde o equipo de casa foi capaz de poñerse por diante no marcador antes de chegar o descanso. Esta ventaxa superona manter no terceiro cuarto, cun parcial no que os dous equipos empataron a seis. No 4º cuarto as sensacións no ritmo do partido e marcador deron unha certa tranquilidade as rapazas de Baio para darse conta de que tiñan o triunfo a seu alcance facendo as cousas cun pouco de calma.

NON HAI XORNADA NA FIN DE SEMANA DA PONTE DA CONSTITUCIÓN. SALTASE A SEGUINTE FIN DE SEMANA

PRÓXIMA XORNADA: 12/12/10

SANTA MARÍA DEL MAR – CONCELLO DE ZAS


INFANTIL MASCULINO-PARTIDO AMISTOSO


EB Baio, 25-CB Artai B, 45

César (5), Andrés (8), Aítor (5), Sergio (5), Eirín, Antonio (4), Penedo (4), Jorge Vecino, Pablo (6), Diego Taibo (4) e Igor (2)


No hay comentarios:

Publicar un comentario