miércoles, 26 de mayo de 2010

Derrota ante o poderoso equipo de María Pita

EB CONCELLO DE ZAS – MARIA PITA: 20 – 59 (10 – 6; 3 – 24; 5 – 19;
2 – 10)
EB CONCELLO DE ZAS: Cristina, 0 ptos; Carlota, 5 ptos; María, 11 ptos; Nazaret, 0 ptos; Sabrina, 1 pto – quinteto inicial – Andrea, 2 ptos; Carla, 0 ptos; Elena, 1 pto.
Partido no que estaba en xogo o primeiro posto deste grupo, cunha derrota cada equipo.

Un primeiro cuarto no que o equipo de Zas conseguía poñerse por diante no marcador cun xogo fácil, a pesar de cometer moitos erros nas entradas a canastra, daba a esperanza, de que a pesar de ser un equipo baixo frente a un dos equipos mais altos do grupo, podían conseguir loitar pola victoria. Pero no segundo cuarto o equipo de María Pita adiantou líneas en defensa, forzando perdas de balón das rapazas de Zas, dándose un parcial de 3 – 24, que xa decidía o resultado do partido. O obxectivo pasaba por sufrir unha derrota pola menor diferencia posible, para seguir tendo posibilidades de loitar polos postos altos da táboa. Ademais, a pesar de xogarse o partido as 11:30h para evitar a calor, as rapazas de ambolos dous equipos notaban a calor existente no pavillón de Carballo e de forma especial as de Zas, co que foron víndose abaixo pouco a pouco. Mais do mesmo, no 3º e no 4º cuarto: presión de María Pita, fallos nas entradas, e a pesar de superar en varios momentos a presión das de María Pita o fallo no tiro volveu a facer que o seu marcador fora escaso nestes cuartos.


Clasificación Jornada
Equipo P.J. P.G. P.P. P.F. P.C. PTO. R.
1 AS TORRES MARIA PITA 4 4 0 258 136 8 +4
2 GAYOLO BEGACAR 5 3 2 193 206 8 +2
3 CONCELLO LARACHA SPORT PLANET 5 2 3 175 160 7 -3
4 ESCOLA BALONCESTO CONCELLO ZAS 4 2 2 127 175 6 -1
5 C.B. CULLEREDO 4 0 4 116 192 4 -4

No hay comentarios:

Publicar un comentario