lunes, 17 de mayo de 2010

Nova victoria para o equipo de Trillo


CULLEREDO – EB CONCELLO DE ZAS: 37 – 44 (4 – 7; 11 – 12; 16 – 11; 6 – 14)

EB CONCELLO DE ZAS: Cristina, 0 ptos; Nerea, 8 ptos; María, 15 ptos; Nazaret, 6 ptos; Sabrina, 8 ptos – quinteto inicial – Carlota, 7 ptos; Carla, 0 ptos.

Primer partido da segunda volta ante o equipo colista, sen ningunha victoria ata a xornada de hoxe nesta segunda liga.

Partido complicado para as xogadoras de Zas, que tras un inicio de primeiro cuarto onde nos primeiros minutos conseguían facer un parcial de 0 – 6, e dar a sensación de ser superior o equipo de Culleredo, finalmente este cuarto acabou cun marcador parcial de 4 – 7. Demasiados erros en ataques fáciles non permitiron que o equipo rompera xa o partido neste primer cuarto.


No segundo cuarto, mais do mesmo, moito fallo no ataque e maior acerto das rapazas de Culleredo, o cal dáballe esperanzas de poder dar a sorpresa, con catro puntos abaixo. E no terceiro cuarto o que parecía que podía pasar pasou: Culleredo era quén de darlle a volta o marcador neste cuarto e acabar 1 punto arriba, mentres que o equipo de Zas daba sensación de non querer gañar o partido. Chegábase así o último cuarto, con malas sensacións do equipo de Zas, con só seis xogadoras dispoñibles pola baixa para ese cuarto de Nerea, lesionada cun esguince (baixa de 15 días, polo menos) e cun público nas gradas que animaban a seu equipo ante a posibilidade da victoria. Pero as rapazas de Zas, conxuráronse para lograr a victoria neste partido, e a falta de 4 minutos conseguían poñerse por diante a base dunha forte defensa, forzando erros no equipo de Culleredo para entrar no último minuto e medio cunha vantaxe de 5 puntos que lles daba a tranquilidade necesaria para acabar o partido cunha victoria conseguida a partir do traballo defensivo.

Destacar que neste partido a puntuación do equipo foi repartida entre cinco das sete xogadoras.

Próxima xornada: 23-05-10
E.B. Concello de Zas – As Torres María Pita
Hora: 12:00 h
Pista: Pavillón Municipal de Zas (Cambio de pista, debido a estar ocupado o de Baio)

No hay comentarios:

Publicar un comentario