lunes, 31 de enero de 2011

Derrota por un so punto do equipo junior

COMPAÑIA DE MARIA - CONCELLO ZAS: 39 – 38 (6 – 10; 17 – 10; 8 – 10; 8 – 8) (Acumulado: 6 - 10; 23 - 20; 31 - 30; 39 – 38)

CONCELLO DE ZAS: Sara, 4 ptos; Carlota, 2 ptos; María, 12 ptos; Nazaret, 0 ptos; Elena, 2 ptos, 0 ptos – quinteto inicial – Nerea, 12 ptos; Carla, 0 ptos; Lucía: 0 ptos; Patricia: 4 ptos; Sabrina, 2 ptos.
Eliminada con 5 faltas Patricia.

Árbitros: Collazo e Pinzón. Nun partido igualado levaron o encontro sin moitas complicacións.
Partido co que da comezo a segunda volta desta liga.
Había intención do equipo de Baio de sacar unha victoria neste partido tralo resultado da 1ª volta e a posibilidade de empatar na clasificación co equipo de Compañía de María. Non foi posible.
Partido igualado de principio a fin, no que a emoción e a tensión estiveron presentes durante todo encontro polo apretado do marcador. A máxima diferencia que alcanzaron ambos equipos a seu favor foi de 6 puntos, diferencia que recortaba con rapidez o equipo que iba por detrás no marcador. No último cuarto o marcador non se moviu no último 1:45 de xogo. Durante ese tempo as oportunidades de unhas para sentenciar e de outras para remontar non foron aproveitadas, ben por imprecisións nos pases ou nos tiros, sendo a última posesión do partido, con 10 segundos, para as rapazas de Baio que non foron capaces de aproveitar para meter unha canastra que lles dera a victoria e sumar a sua 2ª victoria nesta liga.

Próxima xornada: partido difícil contra Carballo Basket, equipo que vai 2º na liga
Previsión Próxima xornada: 30/01/11
Concello de Zas - Gasóleos Rial Carballo Basket
Día: Domingo, 30
Hora: 12:00 h
Pista: Polideportivo Municipal Baio

No hay comentarios:

Publicar un comentario