jueves, 26 de febrero de 2009

Agencia AM-TGM Arzúa, o sábado ás cinco en Baio



Previa xornada 21
Vixésimo primeira xornada da 1ª División masculina. O Agencia AM recibe o TGM Arzua, o sábado as 17:00 horas no polideportivo municipal de Baio. Os colexiados encargados de dirixir o encontro serán os señores F. Blanco e A. Castro.
O Agencia AM precisa con urxencia unha vitoria para non meterse nos postos perigosos da clasificación. Tras unha nefasta xornada onde os Baieses apenas foron unha caricatura de si mesmos os homes de Jorge e Lee deben recompoñerse para lograr unha vitoria fronte o Arzua que actualmente navega na sexta praza da clasificación con once vitorias e oito derrotas. O equipo dirixido por Jorge Puñal é un conxunto ben equilibrado sen un referente anotador pero onde todos os xogadores suman, entre eles atopase José Manuel Castro Tato, que militou fai dúas temporadas nas filas baiesas, cedido polo Xiría, o ex xogador do Agencía AM sufriu unha importante lesión na pretemporada que o mantivo na enfermería durante as dez primeiras xornadas e impediulle disputar o encontro de ida fronte os seus ex compañeiros.
Os baieses brillaron a un altísimo nivel na súa visita a terras arzuanas onde venceron a domicilio e contra pronóstico nunha das canchas máis complicadas da competición. O obxectivo dos homes do Agencia AM será reflotar a nave Baiesa e para iso terán que mellorar en labores defensivas onde os laranxas pasaron en apenas seis xornadas de ser a quinta mellor defensa a decimo tercereira.
Recuperar a confianza no acerto exterior e a intensidade defensiva parecen as claves para lograr a oitava vitoria do Agencia AM, a convocatoria para este encontro será:

Bases: Xavi Suarez, Diego Calvo.
Escoltas: Diego Brandón, Luis Villar
Aleros: Pablo Juane, David Deber e Juan Carracedo
Pivots: Ariel Esmoris e Diego Alvarez
OUTROS PARTIDOS

CADETE FEMENINO: EB CONCELLO DE ZAS-BCA Millenium, o sábado ás 10:30 no pavillón municipal de Baio

No hay comentarios:

Publicar un comentario