miércoles, 18 de febrero de 2009

O Agencia AM recibe ó líder o sábado ás cinco en Baio


Previa xornada 20

Vixésima xornada da 1ª División masculina. O Agencia AM recibe o líder, o Ferrol CB, no municipal de Baio o sábado as 17:00 horas. Os colexiados encargados de dirixir o encontro serán os señores Xosé Santos Cadarso e Jose A. Castro Salmonte.

O equipo dirixido por Luis Barbeito e Javier Uria, marcha o fronte da clasificación con catorce vitorias en dezaoito partidos. Dous homes lideran os Ferroláns, Jose María Moreno e Pablo Codesido que con 25 e 21 puntos de media respectivamente son non so os dous máximos anotadores dos departamentais senón probablemente da liga. Calidade, veteranía e moitos “galóns” son as principais características de dous xogadores con experiencia na ACB.

Os ferroláns veñen de perder na cancha do Recimil un rival directo do Agencia AM polo que os Baieses deben sumar unha nova vitoria para manter a distancia cos seus perseguidores e recortar as diferenzas cos equipos de arriba. Marcar un bo ritmo de xogo e non permitir segundas opcións serán as premisas dos locais nun partido onde Jorge e Lee esperan contar con todos os seus xogadores aínda que tanto Pablo Juane como Fernando Martínez arrastras molestias que os manterán como dubidas ata última hora. Os xogadores convocados son:

Bases: Xavi Suárez e Diego Calvo
Escoltas: Diego Brandón e Luis Villar
Aleros: Pablo Juane ¿?, David Deber, Juan Carracedo e Fernando Martínez¿?
Pivots: Ariel Esmoris e Diego Alvarez

No hay comentarios:

Publicar un comentario