lunes, 23 de febrero de 2009

Forte revés para o Agencia AM: 60 a 95 a prol do líder

Chegaba o líder ao Municipal de Baio e mellor que non volva. Unha tarde aciaga dos baieses foi ben aproveitada polo C.B. Ferrol, e deixa ao Agencia na 13ª posición con 25 puntos, na zona perigosa.

Datos do encotroImage

  • Resultado: Agencia AM, 60 - C.B. Ferrol, 95
  • Agencia AM: Brandon (6); Mindi (7); Diego (8); J. Carracedo (6); Ariel (5)- quinteto inicial- Juane (15), Deber; Chavi (6); Luis (7).
  • Ferrol: González (14); Moreno (26); González, M. (7); García (19); González (7) – quinteto inicial- Lorezo (2); Costa; Alejo (7); Docesido (13); Rosados.
  • Árbitros: Santos e Castro, sinalaron 25 faltas ós locais e 20 ós ferroláns (expulsados por 5 faltas: Diego, Ariel e Deber por parte local).

Mala tarde a vivida en Baio, cun equipo local totalmente desdibuxado dende o inicio do partido. Como simple dato sinalar que o porcentaxe de tiro no primeiro cuarto fui de 3/20.

Enfrente, o equipo ferrolano, líder da categoría, non tivo piedade, con Moreno moi acertado dende o triple (7 triples) e con Gorri dominando debaixo dos tableiros. Pouco que dicir do resto do partido que máis que un partido oficial parecíu un adestramento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario