miércoles, 4 de febrero de 2009

O sábado volve o baloncesto a Baio


Previa xornada 18

Decimo oitava xornada de 1ª División masculina. O Agencia AM recibe o Gauzón Recimil o sábado as 17:00 horas no polideportivo municipal de Baio. Os colexiados encargados de dirixir o encontro serán os señores Sergio Seoane Broncos e Ramón Gil Cores.

Tras o parón ligueino da pasada semana, decretado por mor do temporal, chega a Baio o equipo do Carballes Manu Rey, o ex xogador do Agencia AM e do Xíria mostrase como unha das principais referencias ofensivas do equipo do Recimil. Tras un ano con moitas incorporacións a o conxunto de Victor Fernández custoulle coller o ritmo a competición pero parece que a chegada do pivot Iago Niebla, procedente do Ferrol de liga EBA foi o revulsivo que precisaba o equipo de departamental, dende a súa chegada, Iago, erixiuse como o máximo anotador do conxunto ferrolán e o equipo a logrado catro das cinco vitorias que ten no seu haber.

Na ida en no polideportivo de Caranza os homes do Agencia AM lograron impoñerse por 68 a 79 o equipo local, e na actualidade ambos conxuntos atópanse a tan so unha vitoria de diferencia a favor do equipo Baies.

É fundamental para o Agencia AM conseguir un resultado positivo nun partido onde a defensa terá moito que dicir ante un rival que chega a Baio como o segundo equipo con menos puntos anotados no que vai de liga. Para este encontro serán baixas Diego Calvo por motivos laborais e Miguel Juane pendente dunha operación que probablemente o manteña apartado das canchas durante o resto da temporada, e mantense a dubida de David Deber que aínda non se puido incorporar o equipo tras a lesión sufrida no partido fronte a Cambados, de esta forma a convocatoria será:

Bases: Xavi Suarez.
Escoltas: Diego Brandón e Luis Villar.
Aleros: David Deber ¿?, Pablo Juane, Juan Carracedo e Fernando Martinez
Pivots: Ariel Esmoris e Diego Alvarez

No hay comentarios:

Publicar un comentario